Compostela amence este luns empapelado co símbolo da "Resistencia ardente"

Compostela amence este luns empapelado co símbolo da "Resistencia ardente"

Mondra anuncia a publicación do seu novo sinxelo, "Ruando", xunto a Aida (Tanxugueiras), cunha acción da rúa para que o público poida descubrir un breve avance do seu novo tema, que verá a luz este venres, 1 de setembro, nas principais plataformas dixitais.

Os carteis co símbolo da "Resistencia ardente" atópanse nas seguintes localizacións de Santiago de Compostela: Cruceiro de San Pedro, Bonaval, Praza 8 de marzo, San Roque, Campus Norte, Vista alegre, Rúa do Franco, Fonseca, Rúa do Vilar, Preguntoiro, Mazarelos, Praza de Abastos, Porta Faxeira, Rúa Virxe da Cerca, Alameda, Praza Galicia, Campus Sur, Santa Marta, Praza Roja , Alfredo Brañas, Doutor Teixeiro, Montero Ríos, República do Salvador, Parque da Praza da Constitución, Rotonda Eugenio Granell, Ponte de Sar-Fontiñas, Área Central, Fontiñas e San Lázaro.

 



A través do código QR impreso nos carteis, o público poderá acceder ao site mondra.gal e coñecer un pouco máis do proxecto ARDĒN, así como visualizar o teaser de "Ruando" e gardar a prevenda do single.

Ademais, con esta acción, o artista quere convidar a todas as súas seguidoras e seguidores a sumarse á "Resistencia ardente" compartindo o seu símbolo nas redes sociais.


Cantareiro, bailador, instrumentista e compositor, Mondra é o cocreador, xunto con Berto, dalgúns dos temas máis coreados e escoitados este verán en Galicia, como é o caso de "PUNHETA!", no que tamén participa Fillas de Cassandra. Todos eles formarán parte de ARDĒN, o seu álbum debut, unha proposta ambiciosa, luminosa e reflexiva ao tempo; que salienta pola súa marcada identidade así como pola rebordante dimensión electrónica dun proxecto que dialoga coa música tradicional galega.

ARDĒN é un traballo conceptual no que Mondra introduce ás ouvintes nunha terra que saúda a liberdade, os afectos e o amor. Tal e como sinala o creador, "en ARDĒN hónrannos o orgullo de ser e a valentía de estar ARDENTES. Porque, por enriba de quen non nos quere libres, a FOLĪA segue a ser o noso espazo libertario. Fomos sepultadas, para furar dende o chan. Para, despois de todo, volver facer da FOLĪA un espazo onde troupelear. Onde rir as penas e chorar as alegrías. Porque hai en ARDĒN unha rosa seca e espiñada que, na FOLĪA, reverdece".

Compostela amence este luns empapelado co símbolo da "Resistencia ardente"

Te puede interesar