Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

As deputadas de cultura e lingua, Natividade González e Soledad Agra, visitan a Real Academia Galega

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

As deputadas de cultura, Natividade González e lingua, Soledad Agra, visitaron esta mañá a Real Academia Galega. O  presidente da RAG, Henrique Monteagoudo, recibiunas na sede temporal da institución, onde mantiveron un encontro no que repasaron as colaboracións que ambas as entidades manteñen en materia de promoción do idioma e da cultura galegas no marco do convenio anual mediante o que, cunha achega de 60.000 €, a Deputación financia actividades como a primavera das letras ou os cursos de verán.

Así, as deputadas interesáronse pola marcha de proxectos da Real Academia Galega, especialmente daqueles que contan co apoio económico da Deputación da Coruña, entre os que destacan Primavera das Letras, dirixido ao público infantil; e os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, que se están a desenvolver no mes de xullo coa participación de sesenta estudantes procedentes dunha vintena de países de Europa, Asia e América.

As deputadas percorreron ademais as instalacións da RAG no polígono de Pocomaco, onde a institución permanece mentres continúan as obras de rehabilitación integral da súa sede histórica na rúa Tabernas da Coruña.

“Para nós é un orgullo colaborar cunha institución coma esta”, sinalou a deputada de cultura, Natividade González, “de país, comprometida coa lingua e a cultura”. “Por iso”, engadiu, “esta colaboración entre institucións é tan relevante, e desde a Deputación da Coruña reafirmamos o noso compromiso de seguir traballando da man da Real Academia Galega para fortalecer o uso social do galego e para garantir que as futuras xeracións coñezan e valoren o noso legado cultural”.

Pola súa banda, a deputada de lingua puxo en valor o traballo da entidade na promoción da lingua galega, agradecendo “o seu incansable labor na defensa, promoción e dignificación da nosa lingua e cultura”. Soledad Agra sinalou ademais que “a Academia é unha institución senlleira que, ao longo da súa historia, ten sido faro e guía para todas aquelas persoas e entidades que traballamos pola identidade cultural do país. A súa entrega á preservación do galego, á investigación lingüística e á divulgación do noso patrimonio inmaterial constitúe un exemplo e un estímulo para o conxunto da sociedade galega”.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica