sábado 26/9/20

Un grafiti reivindicará a Urbano Lugrís

Nun momento no que o mural de Lugrís do Vecchio xa fica na rúa paralela á que ocupou durante toda a súa vida, o colectivo In Nave Civitas e a asociación cultural O Mural volverán a reivindicar a importancia da súa impronta nun sétimo Día Lugrís, o sábado, que comezará ás seis da tarde na praza de Pontevedra.

Algúns dos escafandros, que se empregarán no cortexo, están expostos na libraría Sisargas

Alí, os convocados situaranse ao pé da estatua de Eusebio da Guarda onde se inaugurará un grafiti. Contan desde as entidades que se trata da reprodución dunha serigrafía do pintor titulada “Marineda Soñada” e que a peza se está a realizar xusto no muro do instituto.
A continuación, organizarán o tradicional obradoiro de paraugas no que os asistentes decorarán o elemento con motivos pictóricos para que as choivas non sexan tan aburridas.
O mar entrará no texido impermeable igual que o fixo nos frescos do creador e a iso das sete, dará comezo a manifestación “atlántica” polas rúas da Pescadería. Tratarase dun percorrido con paradas polo medio nas que os asistentes se lembrarán de anécdotas e capítulos da vida de Lugrís para rematar no Paseo Marítimo, á altura da Coiraza, onde se fará “se Poseidón nolo permite, un avistamento de baleas e homes mariños”, advirten os coordinadores da actividade. O colectivo In nave civitas convida a todas a cidadanía que participe neste acto ataviado coas mellores galas mariñeiras e que porten, se as teñen, as súas buguinas para acompañar o momento tributo.
Este ano custodiarán a marcha un cortexo de seis bucios enfundados no traxe gala da Unión de Conserveiros de Galicia. Algúns dos escafandros (elaborados pola artista Viki Rivadulla) pódense admirar na libraría Sisargas (San Roque, 7) ata o propio sábado.
Dentro dos actos do Día Lugrís a fotógrafa Pilar Silva, membro do colectivo In nave civitas, presentará a súa exposición “Cosendo as ondas do mar”.
A mostra poderá disfrutarse na Buserana bar, situada na praza de José Sellier, dende o venres 16 de decembro ata que remate o mes de xaneiro.

Comentarios