Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambre

Carneiros e pavotes, a curiosa e histórica rivalidade veciñal de Cecebre, en Cambre

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina

Calquera que nalgún momento fixese vida en Cecebre ten escoitado aquilo dos carneiros e os pavotes para referirse aos veciños segundo vivan na parte de arriba ou de abaixo da parroquia. Dous bandos enfrontados desde tempos inmemoriais que no seu día ata celebraban cadansúa festa patronal para non coincidir nin na sesión vermú. Unha rivalidade infundada “que moitas veces víñache dada polos teus pais ou avós sin entendela ben”, explican as novas xeracións, xa liberadas dos “prexuízos de vello” e que utilizan eses apodos para botar unhas risas mentres se preparan para as celebracións de San Salvador, do 3 ao 5 de agosto.

A orixe desta denominación está, segundo as “voces autorizadas” da parroquia –os maiores–, nos anos de esplendor de Cecebre, cando a Sociedad de Instrucción y Recreo La Juventud era unha das institucións máis importantes da comarca e cando este lugar cambrés era segunda residencia dos “señoritos” da Coruña, que chegaban en tren. Destes últimos, os locais dicían que se pavoneaban e que miraban por enriba do ombro aos demais, mentres que os veciños que tiñan relación con esas clases altas –os que vivían preto do Apeadeiro– tachaban de aldeáns e “carneiros” aos máis alonxados da estación de ferrocarril e da igrexa de San Salvador.

O gaiteiro Pedro Lamas, ilustre cecebrense, explica que “os de arriba estaban ligados á Sociedad, mentres que os de abaixo se relacionaban coas familias acomodadas que viñan veranear: Wenceslao Fernández Flórez, o pintor Seijo Rubio, etc”. “Á miña nai, por exemplo, sempre lle deu moita vergoña esa rivalidade e eu vivino na casa porque ela é da Aldea de Arriba e o meu pai de Sobreguexe, ao lado da igrexa. Eu son a proba de que as diferencias poden superarse”, bromea.

Un profeta na súa terra

Lamas é un referente da música galega e forma parte do cartel das festas deste ano, que estrea o Fendetestas Folk & Rock. Un evento no que tocará o luns 4 con A Música de Cecebre e que tamén contará con Purple Nite, Surfatas e a recoñecida banda cambresa Hemacaos, que vén de cumprir 25 anos de carreira. “Para min é unha honra non só poder actuar ante os meus veciños e ser profeta na miña terra, senón que a comisión decidise poñer en marcha esta iniciativa, que rouba unha noite ás orquestras en beneficio doutras músicas e, sobre todo, dos espectáculos en directo. Vai ser unha noite cargada de emoción, diferente e sen playback, que hoxe en día é algo habitual nas festas”, di Lamas.

Lucía Caridad e Roque Gómez son dous directivos de Cecebre Rexurde, a asociación que logrou recuperar os festexos patronais en 2023 despois de catro anos de parón. “A resposta da xente cada ano é mellor e temos que agradecer a todos os colaboradores a súa aportación. Fainos moita ilusión a implicación da parroquia, o día da churrascada e sardiñada baixa todo o mundo axudar”, apuntan.

Cecebre comezará as festas este domingo, día 3, coa música de Xilo e Carlos e xogos infantís, mentres que o luns 4 haberá paella antes do festival Fendetestas. O martes 5 pecharanse os fastos coa churrascada e sardiñada e as actuacións do dúo D’ Vicio e a orquestra Marbella.

“Aquí viñeron Los Satélites, Los Key, París de Noia, Panorama... agora custa máis organizar porque os precios son desorbitados”, sinalan os membros dunha comisión formada por 22 persoas, carneiros e pavos mesturados que deixan atrás calquera rivalidade absurda e que fan rexurdir con forza o espíritu de mancomunidade de Cecebre.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina