Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Área Metropolitana

Nace o obradoiro “Ler teatro” ao abeiro do Premio Dieste da Deputación da Coruña

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Fomentar a lectura de teatro en galego é o obxectivo do novo obradoiro que promove o departamento de Cultura da Deputación da Coruña ao abeiro do Premio Rafael Dieste que se concederá en setembro. Está coordinado polo último gañador do Dieste, Roberto Pascual, baixo o título “Ler teatro: Obradoiro para novas experiencias lectoras” e comezará o xoves 14 de setembro na Biblioteca provincial da Coruña.

Durante catro sesións, o obradoiro será un espazo para experimentar con textos teatrais da experiencia lectora e comprender que hai de diferencial nun guión que apela constantemente ao voo da escena. O dramaturgo, profesor e investigador galego, Roberto Pascual, deseñou un programa para ler, contextualizar e descubrir escritoras e escritores teatrais das nosas letras e do noso proceso de emerxencia cultural.

Está dirixido a persoas interesadas en aproximarse ao teatro galego, á súa historia recente e experimentar a lectura de textos teatrais. A cita será semanal, ás 19:00h, durante catro xoves: o 14, 21, 28 de setembro e o 5 de outubro. En todas as sesións participarán actrices, dramaturgas e creadoras escénicas como María Vázquez - protagonista da exitosa película galega “Matria” - , Esther F. Carrodeguas, Marián Bañobre ou Rocío González.

Ademais, as persoas participantes no obradoiro rematarán a formación cunha listaxe de libros de teatro recomendados polo coordinador e exemplares dos últimos Premios Rafael Dieste da Deputación da Coruña.

A inscrición é de balde con prazas limitadas ata 25 persoas. O prazo para inscribirse abre o venres 1 de setembro a través do formulario online que se activará en www.dacoruna.gla/biblioteca.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620