A vida de María Casares dá o salto á banda deseñada percorrendo tres das súas etapas vitais

A vida de María Casares dá o salto á banda deseñada percorrendo tres das súas etapas vitais
Un momento da presentación, coa presenza de membros da corporación e dos artistas da obra | Pedro Puig

A ventana atlántica da banda deseñada é o escenario perfecto para o nacemento dunha nova obra coa que honrar a vida dunha actriz grande como o foi María Casares.

 

O Concello da Coruña ven de editar a obra ‘María Casares. En tres actos’ unha peza que busca percorrer a vida da actriz, dividíndoa en tres actos: o primeiro para a súa infancia, a súa vida en Francia e o tempo tras a morte de Albert Camus. Cada un destes periodos é obra de mans diferentes, dado que os debuxantes son Inés Vázquez, Rubén Rial e Dani Xove.

 

Os fíos condutores que unen toda a obra, máis aló do obvio da figura da intérprete, son o guión, obra de Manuel López Poy, e o blanco e negro que protagoniza a obra e que une os tres estilos diferentes dos tres debuxantes.

 

 

 

Presentación

 

A obra foi presentada onte pola alcaldesa, Inés Rey, en compaña do director desta edición en banda deseñada, Manel Cráneo, e do guionista Manuel López, así como dos tres debuxantes.

 

Rey destacaba durante o acto de presentación a importancia da intérprete e da arte escollida para dar forma a esta obra, a banda deseñada “unha forma de literatura moitas veces esquecida”, comentaba Rey, que lembraba que o certame adicado a este tipo de obras, Viñetas dende o Atlántico, celebrará o seu 25 aniversario este ano.

 

 

 

Portada

 

Ademáis dos tres debuxantes, destaca tamén a portada desta obra, na que se aprecia en primeiro plano a María Casares, coa Torre Eiffel y a súa homóloga Herculina ao fondo.

 

Trátase dunha obra da artista francesa Camille Benyamina, para establecer outro fío condutor coa actriz coruñesa, a presenca do país galo.

 

 

 

Mostra

 

As viñetas que dan forma a ‘María Casares. En tres actos’, poderánse ver tamén na exposición disposta na sala de exposicións Salvador de Madariaga.

 

Esta mostra poderase ver até o 6 de novembro e forma parte da programación do Concello da Coruña no marco das celebracións do centenario de María Casares.

 

Tal e como lembrou onte a alcaldesa, o plato forte destas conmemoracións municipais foi a exposición ‘María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada”, que foi visitada por 7.165 visitantes. Rey subliñaba que estes visitantes non precedían só do noso país, senón que tamén chegou xente de Madrid, Barcelona e incluso Francia. 

A vida de María Casares dá o salto á banda deseñada percorrendo tres das súas etapas vitais

Te puede interesar