A residencia para maiores Torrente Ballester dispondrá dun xardín terapéutico

A conselleira, durante a súa visita á residencia de maiores | MONCHO FUENTES

A Xunta anunciou unha inversión de 2,8 millóns de euros na cidade: no colexio de Curros Enríquz e na residencia para maiores Torrente Ballester. Neste último se invertirá para completar a súa mellora integral e avanzar cara o modelo de coidados do futuro, e incluirá un xardín terapeutico. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou hoxe este centro para anunciar a próxima renovación dos seus espazos interiores e exteriores, co fin de humanizar e dar máis funcionalidade ás instalacións.
 

García, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, enmarcou estas actuacións proxectadas na progresiva implantación do novo modelo de coidados, xa que se avanzará na mellora estrutural e arquitectónica do centro. En concreto, renovarase por completo o mobiliario e espazos interiores da residencia, e crearase un xardín terapéutico no exterior con vistas ao mar para que as persoas usuarias poidan pasear, descansar, realizar actividades ou recibir as visitas dos familiares.
 

Estas novas intervencións súmanse a outras medidas que xa foron adoptadas no centro residencial coruñés no ámbito do aproveitamento das novas tecnoloxías, outro dos piares do novo modelo de coidados de Galicia. Trátase do sistema de fisioterapia e rehabilitación “Rehametrics”, que permite que os maiores fagan terapias a través da realidade virtual. 
 

Curros Enríquez

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta, visitou o colexio Curros Enríquez, onde anunciou que o seu departamento vén de licitar as obras de renovación da cuberta cun investimento de un millón de euros para adaptar o centro ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar centros educativos máis sostibles.
 

O titular de Educación salientou que estas actuacións permitirán renovar as condicións de illamento e lumínicas do centro do que se beneficiarán os preto de 250 alumnos que acoden diariamente ás clases. “É unha reforma practicamente integral das envolventes do edificio”, asegurou.

A residencia para maiores Torrente Ballester dispondrá dun xardín terapéutico

Te puede interesar