Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

A Real Academia Galega homenaxea este mércores a Andrés Fernández-Albalat

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Academia Galega e a Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) renderanlle homenaxe o mércores 4 de decembro a Andrés Fernández-Albalat Lois (A Coruña, 1924-2019) co gallo do centenario do seu nacemento. Baixo o título ‘Andrés Fernández-Albalat. Arquitecto da memoria’, o acto dedicado ao académico de número desenvolverase na delegación coruñesa do COAG a partir das 18.30 horas. A entrada é libre.

Defensor dunha arquitectura humanista ao servizo da sociedade, Fernández-Albalat dirixiu numerosos proxectos que o converteron nun referente imprescindible da Galicia contemporánea. A homenaxe celebrará a pegada cultural, profesional e persoal deste mestre da arquitectura a través das intervencións do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; Charo e Andrés Fernández-Albalat Ruíz, fillos do académico e xefa do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, respectivamente; o aparellador Roberto Medín Guyatt, excolaborador de Albalat, e Cristóbal Crespo González, director do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo (DPAUC) da UDC, do que o homenaxeado formou parte.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620