Luísa Villalta supervisará as andainas dos coruñeses polo Paseo Marítimo

A artista Lidia Cao é a encargada de realizar o mural, que calcula que estea rematado a vindeira semana
Luísa Villalta supervisará as andainas dos coruñeses polo Paseo Marítimo
Un momento da presentación, co espazo que vestirá o mural detrás

A artista Lidia Cao inmortalizará no Paseo Marítimo da Coruña a figura de Luísa Villalta. Farao á altura da Domus, ao carón da obra que fixo Diego As hai dous anos.
 

Trátase dunha iniciativa de Gadis, en colaboración co Concello da Coruña, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. 
 

Onte presentouse esta iniciativa, que Cao comezou pola mañá, coa imprimación da parede, nun área duns 36 metros cadrados. Xa durante a tarde, iniciou o trazado da cuadrícual “que utilizo para as proporcións”. Así, durante os vindeiros días centrarase no debuxo, logo o relleno “e todo o demais”. “Logo xa tocaría a liña final, que é a miña parte favorita”, explica a propia artista, que agarda ter rematado o mural o vindeiro venres. “Dependo do señor Lorenzo”, comentaba onte entre risos.
 

Sobre o que poderán ver os coruñeses no Paseo, Cao detallaba que será un traballo “un pouco nostálxico, gústame tratar o mundo interior da persona”. Para isto, contrapón o laranxa e azul, cores complementarios. O mural estará composto por un primeiro plano de Luísa Villalta, en laranxa, cunhas liñas en blanco debaixo, como un pentagrama, unha alegoría do que queda por escribir. Ao carón deste retrato haberá outra representación da autora, en azul, “sentada sobre o seu traballo”.


“É a primeira vez que pinto tan cerquiña do mar, é un orgullo”, apuntaba Cao, mentres engadía, entre risas, que “é unha lástima que, cando estea pintando, estarei de espaldas”.

 

Presentación

Ao acto de presentación acudiron o director de comunicación de Gadira retail, José Luis Fernández Astray, a alcaldesa Inés Rey, así como Lidia Cao, a nai de Luísa Villalta, María Gómez, e a súa irmá, Susana Villalta.


Fernández Astray subliañaba que esta iniciativa ten como obxectivo “estender esta conmemoración, dun xeito atemporal, e achegar a cultura aos milleiros de personas que transitan o Paseo Marítimo”.
 

Pola súa banda, Susana Villalta agradeceu “este interese por Luísa”, “unha fermosísima iniciativa, que perdurará no tempo”. “Disque os lugares habitados sempre gardan a esencia daquelas personas que o transitaron. Luísa amaba á súa cidade da Coruña”, afirmaba, antes de engadir que “o nome de Luísa estará sempre aquí, frente ao mar, na cidade tatuada na pétrea pel do mar”.
 

Tiraba deste fío a alcaldesa, lembrando que o mural vestirá “a pétrea pel do Paseo Marítimo” cunha “imaxe preciosa de Luísa”, que “tiña esa alma atlántica”. Lembraba Rey as verbas escritas de Villalta ao dicir que “cando o Atlántico nos chama, nós imos navegar”. “Agardo que todos os coruñeses que transitan este Paseo, cando miren a ese mural, se animen tamén a navegar na obra de Luísa, unha coruñesa de pro”, concluía Rey, con palabras de agarimo para a súa familia. 

Luísa Villalta supervisará as andainas dos coruñeses polo Paseo Marítimo

Te puede interesar