Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Galicia Fórum Gastronómico, nova parada para a Deputación da Coruña

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Deputación da Coruña amosará ‘A paisaxe que sabe’ no Galicia Fórum Gastronómico, a feira que celebra a súa décima edición en ExpoCoruña de mañá, domingo, ao martes 25 de marzo. Farao coa colaboración dunha decena de produtores da provincia e ofrecendo un amplo programa de case 30 iniciativas no seu stand.

Con ‘A Paisaxe que sabe’, a súa nova campaña, a Deputación da Coruña pon o foco nos elementos paisaxísticos que alimentan a gastronomía da provincia e reforza a estratexia de compromiso cun turismo de calidade, que promova a preservación do medio e a mellora socioeconómica da contorna. A Despensa D’Lujo (Coristanco), Cafés Lúa (Carballo), Chichalovers (Santiago de Compostela), Galmesán (Arzúa), Martietas de Fío (Bergondo), Orixes Galegas (Boqueixón), San Isidro Bakery (Bergondo), Sotavento (Outes) e Vánagandr (Cambre) son os produtores locais que, nesta ocasión, van da man da Deputación. Xunto a eles, a institución provincial ofrecerá durante os tres días do evento no seu stand un programa con almorzos, showcookings e degustacións desde as 11.00 horas ata máis aló das 18.30.

Este ano ten como eixo principal ‘Un océano de cocinas’ para facer honra á diversidade culinaria da rexión

Para estas actividades, a Deputación tamén contará con presentacións dos centros colaborativos da Fusquenlla (Moeche) ou Brión e cociñeiros e cociñeiras como Nel Parada (Nodestada, en Portosín), Víctor Basante (Arrueiro, en Laxe), Iria Espinosa (Árbore da Veira, A Coruña), Miguel Vázquez (Atípico, A Coruña), Nair González (Muelle 43, Mugardos) ou Lucía Freitas (A Tafona, Santiago).

O Galicia Fórum Gastronómico, enfocado principalmente a profesionais da enogastronomía, acada a súa décima edición e neste 2025 terá como eixo principal ‘Un océano de cocinas’ para facer honra á diversidade culinaria que emana das profundidades do Atlántico.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620