Francisco Jorquera: “O Goberno local non pode estar en stand by o ano que ven”

Francisco Jorquera: “O Goberno local non pode estar en stand by o ano que ven”
Francisco Jorquera, frente ao palacio municipal | Pedro Puig

O BNG ten a gala facer unha oposición responsable, en positivo, que considera que a cidadanía valora positivamente. Pero iso non significa que non teña considerables críticas para a xestión do Goberno de Inés Rey que o portavoz do grupo municipal nacionalista, Francisco Jorquera (Ferrol, 1961), enumera polo miúdo, agora que o ano está a punto de rematar.

Entón? 
O noso balance e moi crítico. Estamos en decembro e nada sabemos dos orzamentos de 2023. Moito nos tememos que entraremos no próximo ano con orzamentos prorrogados. É unha mala noticia para a cidade, porque é a principal ferramenta desta institución.

 

Pero xa se intuía  que os orzamentos non estarían a tempo.  
Que foise esperabel non significa que sexa o escenario desexable. Ademais, os orzamentos non se prorrogan na súa totalidade. Moitas entidades do terceiro sector perden os seus convenios. Tería que ir a un modificativo de crédito o vindeiro ano. 
 

E o nivel de execución? 
No que se refire ó investimento real é enormemente baixo. Nada mais que se executou un de cada tres euros orzamentados.  Cando se aproban tan avanzado o exercicio, ocurre isto. É un exemplo de mala xestión.  

 

Pero estos días se están inaugurando moitas obras.
Por desgraza, cando se achegan eleccións municipal é algo recurrente que haxa moitas inauguracións. Pero este Goberno municipal tiña varios proxectos estrela como a reforma da rúa do Santo Andrés, o restablecemento do carril bus e non sabemos nada diso. Pasaron tres anos e aínda non sabemos cando o Goberno local iniciará accións legais para recuperar a Casa Cornide. Non hai accións de política de vivenda, mais aló das que veñen do mandato anterior.

 

Qué opina do complexo deportivo do Castrillón? 
Dase a circunstancia de que son veciño do Castrillon. O Goberno municipal comprometu unha data (o 27 de este mes) despois de incumprir compromisos anteriores. Cal é o problema? Que os veciños ainda non saben cales son as condicións de servizo.  Pero, ademáis, para facelo teñe que levar de momento a xestión a empresa municipal Emvsa, porque non estará a tempo o contrato da concesionaria, que queren que leve tamén o complexo  deportivo de San Diego.
 

Diría que é un exemplo de cómo xestiona o Goberno local? 
Baixo o meu punto de vista, sí. É un goberno que opera con improvisación, a salto de mata e, ademais, o peso reside en moi poucas persoas, de maneira que se producen demoras. 
 

E a política metropolitana? 
É un dos puntos nos que somos mais críticos. A Coruña excede o ponte da Pasaxe e debe planificarse a esa escala. Pero non houbo ningún avance.  

 

Como no caso de Nostián? 
E un clarísimo exemplo. O do lixo é un servicio mancomunado. Non é de recibo que dun estudo de viabilidade da futura licitación do contrato de residuos que presta servicio a área, se enteren os outros concellos pola prensa.  
 
Por qué é tan grave? 
Porque a súa participación en Nostián é fundamental para o seu futuro e para un modelo de tratamento alternativo a Sogama. Se non se reenganchasen, iso sería una ferida de morte para o modelo da Coruña.  

 

Tamén hai boas novas, como a designación da Coruña como sede da Axencia Española de Intelixcencia Artificial (Aesia).
Gústame ser xusto: que Aesia vaia ter a súa sede na Coruña é moi boa noticia, é un éxito do Goberno municipal e das forzas políticas e os axentes sociais. Pero vai a rematar o mandato sin que temas clave para o futuro da Coruña que dependen doutras administración estén resoltas.

 

E para o 2023? 
Gustaríame que, no tempo que resta, os asuntos pendentes se desbloquearan e se chegasen a acordos. A Coruña non pode permitirse que o Goberno local esté en stand by.  Nas eleccións, o BNG se postula como unha forza en ascenso, e os cidadáns recoñecen o noso traballo. 

Francisco Jorquera: “O Goberno local non pode estar en stand by o ano que ven”

Te puede interesar