Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Formoso reafirma “o compromiso coa inclusión” da Deputación da Coruña no Día Internacional das Persoas con Asperger

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A Fundación María José Jove acolleu este sábado o acto ‘POV: Adolescente e autista’, organizado por ASPERGA e a Federación Autismo Galicia con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger. A xornada, que contou coa presenza de representantes institucionais, familias e profesionais, tivo como protagonistas a mozas e mozos con Asperger, que compartiron en primeira persoa as súas experiencias e desafíos na adolescencia.

“Escoitar a voz das persoas con Asperger, aprender delas, comprender as súas vivencias en primeira persoa é a única maneira de avanzar de verdade. Grazas por compartir con nós a vosa experiencia. Grazas por inspirarnos lembrarnos que, antes que etiquetas, están as persoas”, afirmou na súa intervención o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que subliñou a importancia de eventos como este para dar visibilidade á realidade das persoas con Asperger e fomentar unha sociedade máis inclusiva.

“A adolescencia é unha etapa de cambios e retos, e para as persoas con Asperger pode ser especialmente complexa cando o seu entorno non está preparado para respectar e apoiar a súa singularidade”, afirmou  Formoso, que destacou a necesidade de “reforzar a educación, a sanidade, o acceso ao emprego e as políticas sociais para garantir unha inclusión real”.

Formoso fixo un chamamento ás administracións para “transformar as boas intencións en feitos concretos”. “A inclusión non pode ser só unha idea, debe ser unha realidade e para iso fan falta recursos e vontade política. Sigamos traballando xuntos para derrubar prexuízos e barreiras e crear un futuro máis xusto para todas e todos”, finalizou o presidente da Deputación.

Pola súa banda, a presidenta de ASPERGA, Rita González, agradeceu “o compromiso e implicación” da Deputación coa entidade, que se materializa entre outras cuestión nunha unha achega extraordinaria de 300.000 euros para a compra dun novo local na Avenida de Oza, “un espazo que permitirá mellorar e incrementar os servizos que prestamos ás máis de 500 persoas socias”, explicou a presidenta da entidade.

Desde ASPERGA e a Federación Autismo Galicia destacaron a importancia de dar voz ás persoas con Asperger e de seguir traballando para eliminar barreiras e fomentar a inclusión.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620