Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Falece o músico Mangüi Martín, que formou parte como baixista de Os Diplomáticos de Monte Alto

0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

O falecemento de Mangüi Martín, que foi baixista de Os Diplomáticos de Monte Alto e outras agrupacións, causou nas últimas horas unha gran conmoción no panorama artístico da cidade, con mostras de cariño por parte de achegados e músicos. Xurxo Souto mostrouse apenado pola perda e destacou que “Era un baixista absolutamente extraordinario, cunha musicalidade moi grande, foi promotor do noso grupo, Os Diplomáticos de Monte Alto, cando empezábamos xa nos 90 e tocou en multitude de agrupacións da Coruña, penso que por eso é un dos músicos máis queridos desta cidade”.

A SGAE, entidade da que era socio, mostrou o seu pesar nas redes sociais: “Legendario bajista de Os Diplomáticos de Monte Alto y de otras formaciones coruñesas, era un músico talentoso y muy querido en el ecosistema musical gallego”. Así mesmo, a Sala Mardi Gras publicou un vídeo dun concerto: “Non se nos ocorre mellor homenaxe que escoitar a Mardi chea cantando ao final dun dos tradicionais concertos de Nadal e falando de ‘festa’. Mandamos forte aperta á súa familia, amizades e a toda a xente da música da cidade que o apreciaba”.

O cantante Manu Chao tamén lle dedicou a frase "Mangüi para sempre" e un vídeo cantando o tema 'Carreteiro'. O Concello da Coruña expresou "o seu fondo pesar polo pasamento de Mangüi Martín, baixista e peza fundamental dunha agrupación musical histórica da cidade, Os Diplomáticos de Monte Alto". Distintas personalidades da Coruña sumáronse ao recordo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina