Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
A Coruña

Os barrios da Coruña reciben o 100% das axudas para celebrar as súas festas

O Concello da Coruña vén de conceder a 22 entidades veciñais un total de 408.000 euros destinados a organizar e celebrar as festas patronais de cada bariio.

O Concello abriu este ano un novo sistema para que todas as asociacións puideran solicitar ata 20.000 euros.

A Concellaira de Cultura e Turismo concedeu finalmente o so100% dos fondos licitados por todas e cada unha das entidades para a organización dos eventos.

Só houbo dous casos nos que foron rexeitadas parcialmente as solicitudes, xa que ambas incumprían as bases: unha por solicitar fondos a maiores para unha festa no Nadal e outra por pedilos para o San Xoán. As subvencións son unicamente para apoiar as festas tradicionais e patronais.

“Coido que con esta ferramenta dotamos a todas as asociacións dos fondos necesarios para organizar as festas tradicionais de todos e cada un dos barrios, e ademais damoslles total liberdade a todas as entidades para que cada unha delas decida que contidos considera máis acaídos para as súas celebracións”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O Concello contou este ano co maior orzamento aprobado até o de agora para este tipo de celebracións, uns 500.000 euros.