Ortiga: “Cando estou tocando o único que me cunde é o puro hedonismo”

Ortiga: “Cando estou tocando o único que me cunde é o puro hedonismo”
Ortiga nunha imaxe de promoción do último disco

Manuel González é Chicho e tamén Ortiga. É parte de Boyanka Kostova e de Los Rastreadores, e antes o foi de Esteban&Manuel. “Cúndenlle” as cumbias e os merengues. Defende que o único importante nesta vida é pasalo ben sen romper a cabeza a ninguén e acaba de lanzar o seu segundo disco, “Sabes el camino que elegí”, que presentará en Palexco o día 26 no ciclo Porto Maresía.


Toca facer bailar nun auditorio, un recinto complicado.

Si, pero como xa estamos nunha época en que a xente está co ánimo de bailar, cun pouco de incitación pola miña parte malo será.


Asignáronlle iso da “verbena 2.0” pero o único que busca é que a xente goce nos seus concertos.

Estamos no sector do ocio e gústame participar de que a xente o pase ben, todo o mundo ten os seus problemas pero nos concertos esquécese todo. Cando estou tocando o único que me cunde é o puro hedonismo e desenfreo, ás veces (risas).


Como levou esta pandemia que nos sacudiu a todos?

Bastante mal, eu vivo principalmente dos concertos e dun momento para outro quedei sen moito ingreso. Coas poucas cousas que saíron máis cos aforros conseguimos resistir.


Como se lle presenta 2022?

Supoño que será un completo desfase, máis que nada porque tanto público como promotores como artistas e o resto do gremio necesitamos recuperar isto, e a xente leva dous anos sen estar de festa e sobe polas paredes. E claro, xúntase a fame coas ganas de comer.


Do 1 ao 10, cantas ganas ten dunha verbena como as de sempre?

“Jobá”, diso sempre 10.


É dos que aproveitou o confinamento para compoñer ou gravar este novo disco?

Non creas, tiña bastantes cousas feitas de antes e no confinamento tentei traballar pero era unha época moi pouco propicia. Que se che ocorran cousas para facer cancións se só estás na casa vendo a vida pasar é complicado.


Di o crítico Tito Lesende que neste traballo aborda “unha paleta musical máis ampla”. Que opina?

Son cancións, a maioría, que xa tiña para o primeiro disco pero que por cousas non encaixaban. É unha continuación, a cuadratura do conxunto co primeiro.


Conta cunha colaboración co cantante de Derby Motoreta’s en “Salsa de piraña”.

Ao final somos todos chavales sencillos e estas cousas xorden espontáneamente. Con Miguelito coincidín mil veces e hai boa sintonía, se ademais é un músico da hostia, como non vou facer unha canción con el?


Está metido en varios proxectos musicais, é fácil dedicarlle a todos por igual ou sempre hai algún ao que “quere” máis?

Todos temos unha vida fóra da música e cadrar axendas é complicado. A Ortiga podo dedicarlle máis tempo porque son eu mesmo e comigo sempre estou, pero estou todo o día pensando ideas para Boyanka ou para Los Rastreadores.

Ortiga: “Cando estou tocando o único que me cunde é o puro hedonismo”

Te puede interesar