O Festival de Cinema Fantástico FKM di adeus tras doce edicións como referente audiovisual

O Festival de Cinema Fantástico FKM di adeus tras doce edicións como referente audiovisual
Os promotores do festival, onte na Fundación Luis Seoane | pedro puig

O Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM dirá adeus coa vixente edición, a número doce, que deixará paso a “outros proxectos” dos organizadores.


Convertido nun punto de encontro entre a creación cinematográfica galega e a internacional, con diferentes actividades: proxeccións, concertos, exposicións, conferencias, obradoiros e seminarios, o festival propón ata o sábado diferentes sesións e o 31 realizará a clausura.


“O motivo principal do remate do festival é económico. O peche do museo de Fenosa, o MAC, que era o noso principal patrocinador privado, ademais da nosa sé oficial, foi un duro golpe e despois veu a pandemia, que nos obrigou a cancelar unha edición, cos custes que iso implicou”, apunta o director do festival, Tonecho Otero.


FKM naceu no 2010 debido á necesidade de crear un evento adicado aos xéneros máis esquecidos nos certames, o fantástico, o terror e a ciencia ficción, non só na cidade, senón tamén en Galicia. “Foi o primeiro festival deste xénero en Galicia e agora hai catro. Chegamos ata aquí grazas a Gadis, a Deputación da Coruña, o MAC e a Fundación Luis Seoane”, di Otero.


O director di que o adeus do FKM na cidade non é un adeus deste xénero, xa que están a preparar “un novo proxecto” para 2022 relacionado co cine fantástico e de terror. 

O Festival de Cinema Fantástico FKM di adeus tras doce edicións como referente audiovisual

Te puede interesar