O Concello de Curtis homenaxea á pintora María Antonia Danscun mural onde se recolle unha das súas obras

O Concello de Curtis homenaxea á pintora María Antonia Danscun mural onde se recolle unha das súas obras

Con motivo do Día da Muller Rural e cumprindose 33 anos do finamento de María Antonia Dans a Área de Igualdade do  Concello a través do CIM (Centro de Información á muller) homenaxea á artista cun mural a escasos metros da que era a súa residencia de verán e na que pasou moitos momentos da súa infancia.


O obxetivo, comunicaba esta mañá o alcalde do municipio, Javier Caínzos, é ensalzar a figura da muller rural e eliminar o feísmo ao tempo que se recoñece “o exemplo, traballo e entrega de María Antonia Dans e de todas as mulleres do rural no día a día".







O mural foi realizado polo artista Yoseba M.B. coñecido por pintar as famosas obras “Fenómenas do rural” en diferentes fachadas de municipios galegos. En concreto, o artista replicou unha obra de María Antonia a denominada “El encuentro” onde se representa a dúas mulleres cun queixo nas mans no que se cre que pode ser a feira de Curtis, xa que era habitual que neste mercado as mulleres acudiran a vendelos. Un mercado que recordamos é un referente a nivel comarcal, que conta con máis de 100 anos de historia e que a día de hoxe aínda se segue realizando cada 9 e 23 de cada mes no Recinto Feiral de Curtis.


IMG 0153


Como se explicaba, a casa na que a artista pasou a súa infancia encontrase a escasos metros deste mural e convertirase no ano que vén nunha casa-museo.

O Concello de Curtis homenaxea á pintora María Antonia Danscun mural onde se recolle unha das súas obras

Te puede interesar