Xosé Monteagudo gaña o 'XV Premio Narrativa Breve Repsol' coa súa novela 'Eternity'

Xosé Monteagudo gaña o 'XV Premio Narrativa Breve Repsol' coa súa novela 'Eternity'
Presentación del ganador del premio de narrativa breve Repsol

A obra ' Eternity', de Xosé Monteagudo, foi a gañadora na XV edición do 'Premio Narrativa Breve Repsol', un certame que recibiu un total de 36 propostas orixinais, inéditas e redactadas en lingua galega.


O fallo do xurado deuse a coñecer este mércores na sede da Real Academia Galega, coa presenza entre outros do seu presidente, Víctor Freixanes, o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, ou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.


O autor recibirá como premio un montante de 12.000 euros, ademais da publicación da novela gañadora por parte da Editorial Galaxia.


O académico Xavier Senín, que presentou a decisión en nome do xurado, destacou que a obra de Monteagudo logra articular unha trama na que se funden a precariedade laboral, o mundo dixital e a construción da memoria.



Valentín García valorou a importancia de premios como este que "abren unha vía de colaboración" entre a entidade privada e a Xunta e dun certame que alcanza os seus 15 anos de existencia, e que se consolidou "como unha das citas literarias máis importantes da literatura na lingua propia de Galicia". 


Xosé Monteagudo gaña o 'XV Premio Narrativa Breve Repsol' coa súa novela 'Eternity'

Te puede interesar