I Concurso de microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas

|

O Día das Letras Galegas é un día especial para Galicia, porque desde 1963 marca o inicio do “Rexurdimento” cultural galego, homenaxeando cada 17 de maio a diferentes personalidades que destacaron pola achega literaria no idioma.


Desde El Ideal Gallego gustaríanos facervos partícipes dun día tan destacado poñendo en marcha o “I Concurso Microrrelato Homenaxe ás Letras Galegas”, deseñado baixo a temática “As nosas tradicións”.



Participación

Para participar, só tes que rexistrarte na nosa web e deixar o teu microrrelato de non máis de 100 palabras, nun comentario nesta mesma noticia.


O relato gañador e os dous finalistas serán incluídos na edición impresa e na versión dixital do 17 de maio. E ademais, o gañador levará un Ebook e un libro (versión Kindle) de Xela Arias (homenaxeada deste ano das Letras Galegas).


De entre todos os relatos recibidos entre o 3 e o 13 de maio, o gañador elixirase mediante un xurado composto por membros do Ideal Gallego e a colaboración de Editorial Lautana , e anunciarase o día 14 a través de redes sociais e a edición en liña.


Valorarase a creatividade e orixinalidade dos textos recibidos.


Podes participar ata o 13 de maio!


Consulta as bases aquí e participa nos comentarios desta noticia.





I Concurso de microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas