O TESOURO

O tesouro “recuperado” por España tirou en min varias ideas: Nada se di da procedencia do ouro e prata. O estado peruano, herdeiro natural daquel imperio hispano, tamén reclama a súa parte. Pode que aínda aparezan máis herdeiros. Así como ningén ten escrúpulos para reclamar o ouro, outra cousa é considerarse herdeiro das responsabilidades da política colonial. Non precisamente santa.

Os tesouros dos contos infantís enchen o noso imaxinario. Actualmente sabemos que hai tesouros fabulosos en covas modernas chamadas paraísos fiscais. Os sotos dos grandes bancos teñen caixas fortes para clientes especiais. Hai puco descubriron en París un tesouro que pertencía ao fillo de Obiang, o dictador de Guinea (excolonia española) Se o estado español atracase varios paraísos fiscais (con método e sistema) repatriaría unha fortuna. Un tesouro superior ao famoso déficit do presuposto. Sería un acto patriótico sen igual. Nos contos infantís hai tesouros roubados e recuperados para contento dos pobres (e mais de Deus, penso). O estado español non ten un tesouro de onde quitar. Non ten aforros. Mala práctica que agora padecemos nos recortes. Nestes días o Vaticano desclasificou documentos. Entre eles os interrogatorios aos dirixentes templarios. O rei francés liquidou o Temple e de paso requisou riquezas e equilibrou o presuposto. En economía as requisas e roubos son lei, un costume ben asumido. Ninguén protesta agás os expropiados. Pero estas protestas teñen pouco sitio nos libros de historia. O importante é facer caixa.

O TESOURO

Te puede interesar