Estase a falar a cotío das mentiras do presidente do Goberno e dos seus ministros e, nembargante, non se da suficiente difusión ás verdades que de cando en veces tamén soltan, o que non me parece xusto.
Por iso, quero lembrar o comentario do señor Montoro, cando dixo que “la gente nos está sacando de la crisis”; e o de dona Fátima Báñez, ministra de Emprego e Seguridade Social, que, nunha carta dirixida aos pensionistas, agradece o seu “esfuerzo y solidaridad” que permite soster un estado de benestar “del que podemos sentirnos orgullosos”.
Eles recoñecen que non son as medidas “recortadoras” e “austericidas” do PP as que están permitindo ao país saír adiante, senón o sacrificio e a solidariedade dos cidadáns, dos que só parece ser capaz a clase traballadora, porque “eles”, de solidariedade, nada.
Tamén a paciencia é unha boa axuda para non estoupar coa carraxe, cando escoitas dicir ao señor Rajoy que as súas medidas están a dar o froito debido. Froito para quen?