“Unha aposta necesaria”

Minifundismo, este é o mellor termo que define un teórico espazo da política galega. Aquel que engloba a nacionalista e galeguistas que non militan no BNG e que son transversais na súa percepción política, coa excepción de Compromiso por Galicia, que é un partido organizado, con xa case oito anos de acción e con presenza en Europa. No resto solo vexo un grupo de xente con boas intencións ao comezo, pero sen os mecanismos políticos. Que ao final terminan por practicar unha política lobista de intento de influenza, pretendendo negociar coas forzas existentes baixo a consigna dunha teórica unidade, na que cada quen, paradoxo, ten o método infalible. Mais ninguén é capaz de ser xeneroso no plantexamento real, o que xera a unha tremenda impotencia e frustración, que se transforma á súa vez en rancor e acción contra as organizacións que no mercan o seu método. Un resumo do que leva anos pasando en Galicia.
Mais están totalmente equivocados, realidade é a que é, cada vez máis forza dos partidos centralistas e a irrupción grazas ás propostas de algúns, da esquerda españolista e centralista de Podemos e IU en Galicia. O que ven a demostrar o fracaso de moitos de estes expertos en métodos. Galicia non precisa unha unidade hexemónica das forzas que defenden Galicia como Nación. Nunha única e imperfecta organización que necesariamente  se transforme nun arbitro de egos, non precisamos ese tipo de unidade fracasada. Galicia precisa unha UNIDADE de ACCIÓN política, real e firme. Unha forma pragmática de ver a política que pense e actúe politicamente en beneficio de País en non e chave partidaria. 
Mentres os espazos rupturistas e restos de En Marea decidiron non representar a Galicia nas eleccións lexislativas, nunha mostra da súa incoherencia política, dúas forzas: Compromiso por Galicia e BNG fixeron unha aposta necesaria de Unidade de Acción, que vistos os resultados outorgaron unha representación real de Galicia en San Jerónimo. Porén  non foi unha imposición, foi unha negociación un acordo pragmático e no que cada quen actuou en interese de Galicia e cada organización sígue coa súa identidade sen renunciar a nada.
O camiño non é debilitarse en entelequias dun so partido, iso debilita a acción como forzas netamente galegas, eu sempre me pregunto: Euskadi e Catalunya so teñen unha forza nacional? Non. Pois está claro logo que é o máis efectivo.
A situación real de risco social e económico de hoxe en Galicia fai preciso un entendemento amplo con un proxecto de País. Sen a triste e única mensaxe de botar a Feijoo, ise non é o camiño, o camiño é un proxecto de mínimos de Galicia e un acordo de unidade de acción preservando as organizacións para fortalecelas. Mais en isto o que si non ten espazo son aqueles que usan Galicia como escudo para negociar coas forzas estatais e non perder o seu estatus quo persoal. Esas persoas son aínda máis miserentas que os que queren rebaixar a Galicia a un territorio máis de España.  

“Unha aposta necesaria”

Te puede interesar