RECONCILIACIÓN

Santiago Carrillo titulaba un dos seus libros, editado en 2011, coa frase de “La difícil reconciliación de los españoles”. Catro anos despois semella que a mentada reconciliación xa non é difícil, senón que parece que será imposible despois da aprobación da nova lei contra as liberdades que, o único que vai conseguir, é aumentar o rencor e convertelo en odio, por mor das frustracións de aqueles que, sen canles nin medios legais para defender os seus dereitos, verán agora tamén coutados os seus dereitos de protesta.
Esa lei é unha descarada defensa dos intereses de aqueles que son os culpables dos feitos protestados e que, facendo uso e abuso da súa posición de forza, reaccionan con ira contra os prexudicados para calar os seus berros. E lembro agora aquela canción dos tempos da Transición que dicía: “Libertad, libertad, sin ira, libertad / guárdate tu miedo y tu ira / porque hay libertad, sin ira, libertad / y si no la hay, seguro la habrá”. Pois iso mesmo.

RECONCILIACIÓN

Te puede interesar