A deconstrucción de Pujol

Está de moda a reinterpretación dos clásicos. Xa sexa na cociña ou na arte. É algo tan ( aparentemente) sinxelo como coller os ingredientes que definen un produto e volver a montalo baixo unha forma nova. Pero debe ser recoñecible nas texturas, sabores ou rasgos esenciais. Coa familia Pujol está a pasar algo semellante. Ao longo do tempo coñecemos a un Pujol cun peso na historia, con ampla capacidade e credibilidade, e gran influencia na política autonómica e nacional. Retirado en olor de santidade e multipremiado, retorna  ás primeiras planas. Pero o seu retorno non ten nada de triunfal. Quixo deixalo todo atado e ben atado para beneficiar aos seus. Pero, como pasa cos malos soufflés, todo acabou caendo polo seu propio peso.
E cada día que pasa, con cada nova que se coñece, pasa de referente político a seguir, a  unha caricatura grotesca de si mesmo. Agora, unha vidente galega con residencia en Andorra, conta a obsesión do expresident  polos augurios.
E de paso, como foi utilizada e explotada. Os empresarios din como lles cobraban a mordida e quen era o cobrador do frac de tales golpes. Empeza a revelarse a rede de blanqueo... é unha versión moderna do conto da leiteira mesturada con aquilo do rei Midas... en Francia, Hollande teme a deconstrucción da realidade que do del fai a súa exmuller. Tanto é así que a primeira exmuller (Ségolène Royal no papel de prima de Zumosol)  saíu a defendelo. Pero Pujol non ten quen lle escriba. Agora que nova forma darlle a tanta podremia?

A deconstrucción de Pujol

Te puede interesar