A PRPOSTA EUROPEA DE VAROUFAKIS

|

Malia a presenza do alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, na nosa Galicia non tivo un grande impacto a presentación por parte do antigo ministro de Finanzas grego, Iannis Varoufakis da súa proposia DIEM25 (“Por unha Europa democrática no 2025”).Unha proposta paneuropea, de participación individual e que proclama a necesidade dun proceso constituínte europeo para garantirmos a transparencia e a democracia na Unión, diante da actual deriva oligárquica e errática que ameaza, segundo o grego con ·desfacer Europa e levarnos a unha situción semellante á do fascismo dos anos 30”.
Falta a verdade quen ve extremismo  nunha proposta común europea que bebe de fontes humanistas e democráticas. O propio Varoufakis non é un marxista. É un neokeynesiano de alicerces filosóficos e idelolóxicos semellantes aos dos Nobel de Economía Stiglitz e Krugman, que adhiren esta proposta. Esta súa chamada a unha acción global europea para salvarmos a idea da Unión e, quizais, a propia existencia da Europa democrática e humanista que coñecimos, debeu ser a chamada dos socialdemócratas e de boa parte dos liberal demócratas polo menos no 2007. Incríbel o despiste polìtico no que seguen instaladas estas dúas familias políticas europeas, pais canda a democracia cristiá do Welfare State que distinguiu o que ben podìamos chamar the european way of life.
Mais non só periga o Destado do Benestar na Europa, senón a propia gobernanza democrática. Porque as forzas oligárquicas multinacionais, os axentes da economía financeira, os chamados mercados, aproveitaron as carencias institucionais da construción europea, cun Parlamento e unha Comisión limitados nas súas funcións unha preponderancia do Consello de Ministros, que representa aos Estados e dun Banco Central Europeo que só resposta perante Deus e a Historia. Os mercados gobernan na Europa polo seu déficit democrático. Velaí o acerto de Varoufakis ao definir o eixo do seu discurso. Por unha Europa democrática e transparente.
Velaí a grande novidade de Varoufakis; propór unha axenda europea compatíbel coa axenda de cadansúa nación(no noso caso Galicia) ou territorio e que nos obriga asumir que Europa é unha das nosas identidades e dos nosos referentes. Porque compre pensar e actuar tanto global como localmente.    

A PRPOSTA EUROPEA DE VAROUFAKIS