Do que xa era sabido

|

sempre pensamos que aquela manida cita de Madrid ao ceo, era simplemente un recurso dialéctico, ou unha hipérbole da calidade de vida e da cultura da capital do estado. Pero ás veces a realidade xoga con segundas intencións e ten segundas lecturas que, nalgúns momentos, veñen a colación coas cousas que desgraciadamente, coñecemos e vivimos. Que hai un evidente desgoberno na Comunidade de Madrid, xa o sabe ata o que asou a manteiga. E que volve a cumprirse rigorosamente aquelo de que en toda estrutura, todo o mundo ascende ata acadar o seu nivel de incompetencia, é outra evidencia incontestable. Isabel Díaz Ayuso xa ten superados con creces os límites e desbordados todos os marcos. Constatamos que a esta manifesta incompetencia, temos que engadirlle unha absoluta frivolidade na posta en escena. E cun descaro notable no manexo da información, das estrañas explicacións, e  na aplicación da doutrina de facerse de covas, para culpabilizar aos demais dunha responsabilidade que lle corresponde asumir en exclusiva. Madrid é un triste exemplo da ineficacia e o descontrol, onde todo o mundo é consciente de que non hai ninguén ao temón.   Ayuso debera saber que o verbo dimitir está feito para ser conxugado no momento procesal oportuno. E os tempos son chegados. Isto   non é unha liorta entre partidos políticos ou de ideoloxías, nin de ataques interesados para desgastar a un goberno. É un tema de pura supervivencia e os grupos que lle dan apoio, terían que abrir sen demora, unha fonda reflexión. Tristemente, Ayuso non precisou de ninguén para deixar ben claro que chegou a onde, en condicións normais, nunca debería de ter chegado.
Unha liña de neve separa a memoria vivida, da nostalxia que habita nas palabras –díxolle El– Un poema latexa en cada arritmia dos tempos que definen cada vida. Sentirte é acaso, o mellor lugar onde renderse...

Do que xa era sabido