MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS

Domingo 3 de maio. Desde Monte Salgueiro, accedo á autovía A-6 dirección Ferrol. Non vexo indicación ningunha de que poida haber calquera tipo de radar.
Cando levo andados un par de quilómetros, descubro un turismo semioculto na beiravía. Cando estamos á súa altura, Isabel, que vai copilotando, pode ver perfectamente a cámara fotográfica no salpicadeiro e o uniforme da garda civil do chofer do vehículo.
Chegados á casa busco a última normativa relativa ó uso dos radares e ratifico o que xa sabía. Hai dous meses e medio compareceu no Congreso dos Deputados a directora xeral de Tráfico, onde manifestou que tódolos radares, tanto fixos como móbiles, estarían visibles para o condutor, porque a denuncia non era o obxectivo final.
Se para esta señora está visible quen se agacha detrás da vexetación... que será estar oculto? Debeu ver pouco aquilo dos conceptos de Barrio Sésamo: arriba-abajo, dentro-fuera... Máis un engano. Como na “Samba do grande amor” do Chico Buarque, todo é ‘minchira’, que pronuncian os brasileiros.

MENTIRAS E MÁIS MENTIRAS

Te puede interesar