Mugardos hobra ós seus

Os meus primeiros recordos de Xoán Rubia son no instituto Concepción Arenal, aló polos primeiros anos sesenta, cando entrei a facer o bacharelato.
Só o coñecía de vista e de oídas na miña casa de mugardeses. Era sobriño, nada menos, que de Joaquín Alejos, que fora campeón de España do peso pluma.
Perdinlle a pista, ata que, en 1968, o atopei na miña clase de primeiro ano de Filosofía e Letras. Ese curso tiven bastante relación por mor da canción galega e a miña fondísima amizade con Vicente Araguas.
Mesmo, os tres, xunto co prestixioso catedrático e académico Guillermo Rojo, estivemos a piques de morrer a bordo dun Simca-1.000, nun accidente camiño de Lugo para un recital.
Daquela a hoxe sempre mantivemos unha excelente relación, por terras ferrolás, compostelás, coruñesas... Xoán Rubia é dos que, en diferentes ámbitos, nomeadamente o musical, teñen traballado arreo na dignificación da nosa cultura,
É por iso que a homenaxe que se lle rendeo o venres en Mugardos é máis que oportuna e merecida.

Mugardos hobra ós seus

Te puede interesar