XUSTIFICACIÓNS VERSUS MEMORIAS

Non hai exercicio máis innecesario que escribir unhas memorias. Enganados pola pobre excusa do interese público, e pola presión dos lectores, todos os excalquera cousa vense na obriga de contarnos o porqué e o porque non. Poucas cousas hai que sirvan para menos que recontar a historia dende un punto de vista persoal e único. Ao final, todos os libros de memorias, teñen unha fonda semellanza e pretenden un mesmo obxectivo: deixar ben ao protagonista das mesmas e moi mal aos demais. E si para elo faise preciso xustificar o inxustificable, pois adiante toda (que din no mundo do mar).
Antes Aznar, e nos últimos tempos Zapatero e Solbes, saen do mundo do silenzo e das sombras, e recuperan locuacidade e espazo mediático. E moito me temo que para mal. Primeiro pola escasa ou nula expectación ou demanda. E segundo, que todos os discursos soan a unha busca, a calquera prezo, dunha xustificación que lles quite as manchas que causou a incomprensión das medidas tomadas, e lles dea o lustre e esplendor que, están convencidos, merecen.
Con todos os ex-algo, pasa como coas feridas, que todas as esquinas chocan con elas. E moitas veces, as pátinas de brillo das cousas ben feitas, que xeraron unha corrente de valoración positiva e empatía coa sociedade, a pesar da dureza dos tempos sufridos (vividos), acaban facendo opaco o espello das nosas memorias. E todo por culpa da reivindicación que pretenden acadar a touro pasado. Un esforzo tan estéril coma inútil. A historia vivida, a historia real e a lembrada tralo paso dos anos, teñen tantos puntos de contacto como de diverxencia. Ás veces, as mellores memorias son aquelas que nunca se escribiron.

XUSTIFICACIÓNS VERSUS MEMORIAS

Te puede interesar