Do inicio do curso

|

s contaxios do Covid-19 medran neste verán de desprazamentos e de excesos. Dicía un amigo que Vivimos coma se puideramos, e ten moita razón. As non festas, para algúns, acabaron funcionando coma festas doutro tipo. O sol, as altas temperaturas, as viaxes e o desfrutar de praias e rúas, sempre axudaron a relaxar os controis. Pero ademais, en pouco tempo empeza o curso escolar. E os protocolos que tiñan que fixar as normas de funcionamento, non existen. Máis alá da agora resaltada e recorrida  autonomía de centro, non están fixadas pautas para saber que facer e como facer, cando a metade de Setembro se incorporen os alumnxs aos centros. Os inspectores de Educación manifestaron neste días que todo o proceso vai excesivamente tarde. É sabido que á improvisación é a nai de todos os fracasos. En ningún momento se traslada a posibilidade de reducir presencia nos centros facendo horario de mañá para Secundaria e de tarde para Bacharelato e Ciclos. Claro que se precisarían máis profesorxs, pero falamos de seguridade ou de que falamos? Segue o tema da brecha dixital, pero é as medidas para recortala? Dotemos a cada alumnx de ensino obrigatorio dun portátil (Secundaria) ou dunha tablet (Infantil e Primaria) para poder traballar. Aténdase con conexións puntuais de internet aos que non teñan acceso. Amplíen, por exemplo, o programa Edixgal, que incorpora libros de textos dixitais e permite integrar outros novos, con carácter universal. Amplíen o transporte escolar, e cubran certos espazos nas áreas libres dos centros para separar recreos. Hai recursos, a Educación é unha inversión, nunca un gasto. O que falla é a vontade, a previsión de presente e de futuro, e a convicción pola necesaria aposta de modernización. 
Vivirte é unha invasión de sentidos. Acaso, unha harmonía cálida que suxire, envolve e acariña...  Sentirte fai real o soño de vivir como escriben os poetas...

Do inicio do curso