De tempos electorais

nestas alturas da película, ven a colación aquilo que declara o noso himno: os tempos son chegados. E efectivamente, a pesar de ser executada a sorte con paradiña, coma fan os grandes dianteiros, estamos, finalmente, na xornada electoral. Curiosamente con algunha medida de confinamento particular e patria, a da Mariña Luguesa, onde Sanidade receita 5 días fronte aos 14. Unha fórmula que semella non estar patentada nin homologada en ningures. É outra versión do nin vou alá nin fago falla, o qwue aplicado a tempos electorais significa que non se perda ningún hipotético voto. E que pasará no luns despois do domingo electoral? Haberá peches máis amplos e adaptados ás normas legalmente establecidas? E se isto sucede e/ou empeora, a quen se lle esixirán responsabilidades? Cando a xestión da pandemia estaba no Goberno Central, o nivel de esixencia das Comunidades era do cento por cento. Agora que é das Comunidades, regresan  as desculpas de mal pagador: nós non sabiamos, non agardabamos que isto sucedera; non estamos preparados ou non nos dan medios. Mentres, os Centros Escolares seguen sen protocolos para iniciar o vindeiro curso escolar. A brecha dixital segue ser estar resolta e a dotación de ordenadores ao alumnado de ensino obrigatorio, segue sen adoptarse. Os Centros de Saúde tampouco teñen máis persoal e recursos. A Xunta sempre agarda que suceda algo, para que alguén resolva  e así  poder saír adiante cos recursos alleos, pero protestando iradamente na TVG,  polo que en Madrid resolven sen preguntarlle e que ademais, nunca é suficiente. Hai traballo arreo e fan falla iniciativas para resolver  presentes e  futuros. O luns será outra vez, un tempo novo.
Sentirte faise eco pouco a pouco –dixo El– como pechar as horas ou amencer nunha cidade distinta. Hai un indicio fráxil de fracaso na distancia... Acaso tan só os versos nos salvarán da vida...

De tempos electorais

Te puede interesar