Hazañas Bélicas

In illo tempore, cando eu vestía pantalóns curtos, había unha coleccións de cómics que tiñan coma eixo central, as batallas entre americanos e xaponeses, ou entre calquera dos países aliados contra os alemáns. A colección chamábase “Hazañas Bélicas” e moito soñamos cos mares e as illas do Pacífico, os submarinos dos bloqueos, ou os desembarcos e as emboscadas urbanas en Berlín. Pois volvín rememorar estas historias, agora que vexo que Pedro Sánchez, á fronte das súas tropas, marca xa con balas trazadoras, o inicio dunha liña de actuación que busca concretar obxectivos para chegar vitorioso á Moncloa. 
Empeza a colocar os seus corpos de exército, e aposta por enviar unha avanzadilla para asentar posicións. Os primeiros movementos, causan sorpresa nos demais grupos e evidencian que perderon posición con respecto ao novo acordo.  Agora,Sánchez controla as avenidas de aproximación pola que deberán circular os futuros posicionamentos dos demais grupos. Poucos dan apoio a este Pacto. Pero os asinantes afirman que abre un novo tempo, reformista e progresista, que marcará as novas liñas da política do século XXI. Agora, o encaixe de bolillos é máis complexo. Hai palabras de amor, de desamor, de engano e circunstancia. As tramas están servidas. En todo caso, a cousa empeza a moverse, as posicións semellan máis móbiles do que poidera parecer, e nunca choveu que non escampara. Polo de agora, o diálogo, volve a ter carta de natureza. Podemos e PSOE quedaron emprazados para despois da primeira sesión de investidura. Dialogar,  acordar e pactar, son verbos que deben conxugarse en compañía, e que ademais, deben servirse sempre moi moi fríos.

Hazañas Bélicas

Te puede interesar