TODOS SOMOS CULPABLES

Éo máis fácil. Cada vez que se orixina un incendio de grandes dimensións superficiais no monte autóctono, o político oficial culpa a un individuo para encher as estatísticas de detidos, imputados e inculpados de prender lume en soutos e carballeiras. Non é así, así non vale, así se engana á xente para utilizala politicamente, con réditos electorais tanto polo partido do goberno como polos da oposición.

Un relatorio de Guardia Civil concluía que non existen nin incendiarios nin pirómanos, só persoas irresponsables que provocan un incendio. Iso de que un lume aparecese en dous, tres ou quince puntos á vez non deixa de ser un disparate que queda ben na prensa, pero afastado da realidade. De ser certo, habería que considerar a existencia dunha mafia, de varias tramas ao longo de década, pero no se coñece ningunha, calquera goberno estaría feliz de presentar aos seus integrantes esposados entrando no xulgado.

Nos momentos é que están permitidas as queimas, vense ducias de columnas de fume próximas, cada veciño prende lume ás súas silvas, se a algún se lle escapan do control as chamas, non creo que se falase de incendio intencionado iniciado en varios focos á vez.

Pero hai que buscar culpables. No caso do “Prestige” o máis fácil foi acusar ao capitán do desastre, pese á brillante manobra de enderezar o petroleiro para facilitar o rescate da tripulación e minimizar o derrame nos primeiros momentos. Pero o Goberno estaba contento de ver ao mariño esposado e rodeado de axentes. Centos de galegos da Mariña Mercante galega sentiron vergoña.

Hai anos, cando foi conselleiro dos lumes Romay tamén saíu na televisión ensinando un xoguete que consideraba que era o elemento incendiario. O tal enxeño era un soldadiño de plástico cunha especie de bolsa a xeito de paracaídas, que dicía o betanceiro que era lanzado desde avións para causar incendios. Un brinquedo esquecido por un cativo nunha excursión dominical serviu para convencer aos incautos de que unha man escura e aerotransportada se dedicaba a pasar o verán en escuadróns incendiarios. Como se calquera galego da época deixase o Seat 127 aparcado nun aeroclub para subirse ao seu biplano dos domingos para bombardear con napalm os montes.

Sempre houbo culpables: todos nós. Seguro que o incendio das Fragas do Eume foi unha irresponsabilidade producida o mesmo sábado que comezaron as chamas ou unhas semanas ou meses antes, cando un calquera deixou unha botella, por exemplo, que fixo de lupa sobre a herba seca un día de calor e vento que prendeu una faísca que o ar levou iniciando o lume.

Antes de ser parque natural, as fragas eumesas acollían a centos de familias que asaban carne, sardiñas ou o que se lles ocorrese os domingos e festivos de verán. Nunca ardeu nada. Nin nos hippys pasados de moda nin os futuros “perroflautas” que fritían sardiñas sobre as pedras do mosteiro causaron ningún incendio. O que moitos dicíamos é que unha vez que se comezou a cobrar entrada e restrinxir as visitas era cuestión de tempo que algunha catástrofe incendiaria sucedese.

 

TODOS SOMOS CULPABLES

Te puede interesar