Un ano

Pois vai resultar que o Presidente Rajoy mantén a España sen rescate despois dun ano de goberno. Este dato, que a min se me antoxa moi relevante, parece que non está nas primeiras páxinas dos principais medios de comunicación. E non entendo o porqué. Se cadra o principal éxito do governo do PP nos derradeiros doce meses, foi aguantar o forte ataque especulativo dos mercados, rebaixar a prima de risco que anteonte estaba por debaixo dos 390 puntos, a colocación de nova debeda pública a un interés menor. E por suposto, frear a continúa presión diplomática de Alemaña, FMI, e BCE, que prefiren unha España intervida e sen soberanía ecónomica, antes que deixarnos campar libremente. Supoño que o galego Rajoy os toleou e gañou tempo. Alí está o seu mérito que non é pouco. Porque, dígase como se diga, un rescate é algo malo para España e bon para os acreedores exteriores. Polo tanto, e “a sensu contrario”, a resistencia do goberno ten que ser valorada positivamente. E qué dí a esquerda de todo o que está a acontecer? Pois ben, fixémonos no PSOE. Eles coñecían perfectamente o estado das contas públicas de fai un ano, e tamén sabían de primeira man as diferentes conversas que se tiñan realizado polos “lobbies económicos” máis diversos co anterior xerente da nación. Os socialistas non só, non souberon arranxar os problemas da debeda soberana española; senon que agora que están na oposición, tampouco axudan a mellorar a imaxe internacional de España. A súa falta de patriotismo é vergoñenta.

Están esperando como lobishomes a caída do Estado para poder dicir, sen rubor algún, que foi un gobernó de dereitas o que nos levou o rescate. Eles, que agora pretenden levar ó Tribunal Constitucional a perda de poder adquisitivo das pensions, cando eles mesmo as conxelaron fai apenas dous anos. Eles, que se oponen a calquera medida de reforma ou recorte para cadrar as contas públicas, que é precisamente o que nos salva do rescate. Eles, que nembargantes non foron quen de dar solucions mentres dirixían o xoguete. Eles, que agora critican a liña europea de axuda a mesma banca que non controlaron nos oito anos anteriores. O dito, un ano despois, España segue sen ser rescatada é iso é un merito do Presidente Rajoy e de todos nos, que sufrimos as consecuencias.

Un ano

Te puede interesar