As letras de Rosalía e o curso do Sar xa forman parte do patrimonio do Universo

As letras de Rosalía  e o curso do Sar xa forman  parte do patrimonio do Universo
el ideal gallego-2019-12-18-036-14dc24d3

Hai pouco máis dun mes, a agrupación astronómica Ío e a Fundación Rosalía anunciaban a candidatura do binomio Rosalía de Castro e e o río Sar para lles dar nome a unha estrela e un exoplaneta na constelación de Ofiúco.

A proposta foi presentada á International Astronomical Union (IAU), que lle dera a cada país, a oportunidade de nomear unha estrela e un exoplaneta. A de Ío presentábase contra outras candidaturas, coma o binomio de Breogán e Ith.

Onte á mañá, a IAU anunciaba, mediante un streaming,  os nomes escollidos por cada país, entre os que estaban os de Rosalía e o Sar. O anuncio foi seguido con moita expectación na sala de prensa da Casa das Ciencias, onde se deron cita membros da agrupación astronómica, da Fundación Rosalía, o concelleiro de Cultura Jesús Celemín, e representantes de partidos políticos.   

O edil sinalaba, tras coñecer o nomeamento, que era unha sensación “de tremendo gozo” o ter unha estrela das nosas letras, coma Rosalía, dándolle nome a un astro. Puntualizaba Celemín que, o nome da escritora galega xa non conta só cun “nivel internacional”, se nón que tamén o será a “nivel estelar”.

No mesmo senso que o concelleiro manifestábase o coordinador de Ío, Martin Pawley, que indicaba que a figura de Rosalía xa contaba cun gran prestixio, pero, dende onte, subiu de nivel, para pasar a ser “estelar”.

“Que unha proposta nosa saíra elixida a nivel español, cunha diferenza de votos tan grande, é un éxito total”, comentaba o presidente da agrupación Astronómica, Xoan Cardelle.

Así, despois de que a IAU o anunciara de maneira oficial no día de onte, a estrela HD 149143 terá como nome Rosalía de Castro, mentres que o seu exoplaneta, HD 149143 B, será río Sar.

As letras de Rosalía e o curso do Sar xa forman parte do patrimonio do Universo

Te puede interesar