Xulio Ferreiro lembrou a importancia que ten a base

Xulio Ferreiro lembrou a importancia que ten a base
Deporte Campeón-2016-01-26-024-79e066cd_1

 

O alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o delegado territorial de Caixabank, Marc Benhamou e presidente da ACB, Francisco Roca, participaron no acto.
Ferreiro destacou “a ilusión colectiva arredor do baloncesto” da cidade herculina. “Unha ilusión que nos gusta compartir e que encherá de adrenalina e emocións o Coliseum” e reivindicou a base do deporte porque “as canastas das estrelas teñen sentido se fan mellores aos que xogan en calquera pista da Coruña”.
Pola súa banda, González Formoso deu a benvida aos asistentes “a unha provincia que ama o deporte” e destacou o importante apoio que, ao longo dos anos, a institución provincial ven prestando ao fomento da práctica deportiva en todos os seus ámbitos, dende as categorías base onde comezan a forxarse os xóvenes talentos ata os grandes eventos e competicións “de élite”, como a Copa do Rei de Baloncesto, que trascenden o ámbito deportivo pola súa proxección e impacto económico. 
Do mesmo xeito, González Formoso recoñeceu que “temos postas moitas expectativas neste evento deportivo” e subliñou que “o deporte deunos moitas leccións ao longo da historia”.
O delegado de Caixabank, Marc  Benhamou destacou os tres motivos da presencia da entidade nesta edición: “a nosa paixón polo baloncesto, por valores como a capacidade de superación asociados ao baloncesto e a paixón que sentimos pola Coruña”.
Por último, o presidente da ACB, Francisco Roca, califificou coma “unha enorme satisfacción” estar na Coruña porque “tiñamos unha débeda con Galicia dende hai moitos anos”.

Xulio Ferreiro lembrou a importancia que ten a base

Te puede interesar