Nova vitoria de Salgado Perillo na Liga Galega B

Nova vitoria de Salgado Perillo na Liga Galega B
os remeiros de perillo celebran a terceira vitoria martín gonzález

 

Salgado Perillo conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva na Liga Galega B tras lograr a VII Bandeira Concello de A Pobra, nunha regata na que a tripulación da Santa Leocadia foi de menos a máis.

Na primeira quenda tomaron a saída Coruxo, Cesantes e Esteirana. Esta primeira quenda foi dominada dende o inicio por Esteirana, marcando un tempo de 22 minutos e 4 segundos. Na segunda quenda participaron Rianxo, A Pobra e Morrazo, sendo A Pobra o claro dominador, cun tempo de 21 minutos e 12 segundos, conseguindo así superar o tempo realizado por Esteirana na quenda anterior.

Na última quenda saíron Mecos Mondariz, Salgado Perillo e Robaleira. No primeiro longo tomaron a cabeza de regata Robaleira e Mecos Mondariz, pero a partir do terceiro longo, foi a traiñeira de Salgado Perillo a que colleu a cabeza de regata e pouco a pouco foise escapando dos seus perseguidores para conseguir a vitoria final e impoñerse nesta VII Bandeira Concello de A Pobra do Caramiñal, cun tempo de 20 minutos e corenta e nove segundos.

Salgado Perillo consegue desta maneira a súa terceira vitoria consecutiva despois dun frouxo inicio de liga.

A clasificación da LG-B segue comandada, unha xornada máis, por Mecos-Mondariz con 38 puntos. Salgado Perillo recórtalle un punto ó líder e mantense na segunda praza con 36 puntos, na terceira posición mantense Robaleira con 32 puntos e na cuarta posición A Pobra con 31 puntos.

Hoxe, a partir das 11.30 horas, dará comezo a XVI Bandeira Concello de Bueu, sétima regata da Liga Galega B de traiñeiras.

Salgado Perillo tentará conseguir a súa cuarta vitoria consecutiva en augas de Bueu e intentar arrebatarlle o liderado da xeral a Mecos Mondariz.

 

renuncia

Tras recibir a invitación por parte da Federación Galega de Remo para asistir ó Campionato Galego de Traiñeiras, Salgado Perillo decidiu renunciar á súa praza.

O seu adestrador, Charly Suárez, afirmou que “non nos parece xusto que falten equipos da Liga A cando, en teoría, teñen máis dereitos para participar que os da Liga B ó estar nunha liga superior” e engadiu que “a celebración da regata, no medio da semana, cambiaría por completo a preparación de cara á cita que temos esta fin de semana en Oleiros e podería afectar ó rendemento da tripulación de cara á Liga Galega”. n

Nova vitoria de Salgado Perillo na Liga Galega B

Te puede interesar