Reportaxe | Os cen anos de Cántigas da Terra contados a través de pequenas cousas

Reportaxe | Os cen anos de Cántigas da Terra contados a través de pequenas cousas
El Ideal Gallego-2017-07-09-014-22d1ef96

Os cen anos que hoxe ás 12.00 horas celebra Cántigas da Terra no teatro Rosalía ben poden contarse a través de obxectos que os foron acompañando e que a formación garda con chave no seu local de Monte Alto como o primeiro estandarte, que advertiu polo mundo adiante da presenza do coro histórico. Ten dúas caras como un casette e nunha, a picaresca entra en escena cunha cruz de Santiago onde a bandeira galega foi cuberta na guerra por unha española. A tea foi un regalo, de cando o político Francesc Cambó quedou prendado deles e convidounos a cantar en Barcelona, onde recibiron o símbolo. 
E se na acta da constitución, aparecen nomes como Casares Quiroga, Manuel Lugrís, Eduardo Rodríguez Losada ou os primeiros xogadores do Deportivo, Salvador Fojón e Venancio Deus, un par de punteiros contan que no comezo de Cántigas, traballaban até dous artesáns de gaitas en María Pita. Un deles, o Tintoreiro do Orzán, foi o artífice do par que conservan. Igual de centenarias ca eles son dúas zanfonas. A primeira foi unha doazón de Saturnino Cuíñas, o crego de Cesullas, e a segunda foi de Perfecto Feijóo, iniciador do movemento dos coros e fundador de Aires da Terra. 
Na sede descansan dúas escenografías que Díaz Valiño, o pai de Díaz Pardo, deseñou para “Ultreya” e “Monte de las Ánimas”, de Rodríguez Losada, quen as trouxo persoalmente cando asasinaron ao artista. Un tamboril “coruñés” da época e o libreto onde aparece o primeiro dos repertorios con pezas como a “Foliada da Cruña”, que tiveron que repetir polo éxito da estrea, son exemplos de cen anos sendo patrimonio vivo. 
Hoxe, Os Melidaos, Cantares do Brión e o propio coro falarán de todo isto e o mércores, Cántigas cantará na rúa, en concreto, en Riego de Agua ás 19.30 horas para representar no Colón “Un caso compricado”, de Leandro Carré, e integrar as artes galegas nun mesmo espectáculo, que foi a intención primeira de todas.l

Reportaxe | Os cen anos de Cántigas da Terra contados a través de pequenas cousas

Te puede interesar