Dolores Torrano recibe o Torrente Ballester coa súa primeira novela

Dolores Torrano recibe o Torrente Ballester coa súa primeira novela
O xurado destacou que a obra ten unha orixinalidade extraordinaria

Para Dolores Torrano, gañadora da XXX edición do Premio Torrente Ballester en español da Deputación, o que lle pareceu máis difícil á hora de escribir a súa primeira novela foi atopar os personaxes para “La Argentina que Dios quiere” e falar da ditadura do país suramericano e integrala na ficción, xunto á represión e outros temas tan trillados. 

Superadas esas barreiras, a autora colleu carrerilla e hoxe a súa obra engrosa a lista dos vencedoras cunha viaxe física e interior, de dentro hacia fóra de Amanda, a protagonista. A escritora murciana que reside en Laxe e dá clases no instituto de Baio maquinou unha historia “moi inspirada polas cousas que pasaron en España en 2010, cando o benestar se veu abaixo e os fillos que parecían estar en mellores condicións cos pais baixaron o “menos un” e apareceron as mareas de Sanidade e as de Educación. A autora viu en Arxentina unha situación parecida, “con certos anos de adianto porque o seu corralito foi en 2002”. O accidente de Fukushima e os movementos sociais que se deron en Arxentina tamén están de fondo no camiñar de Amanda pola vida, “non sei como falar dela sen spoiler”. 

Dolores traza un percorrido no tempo, alucinado e non é real, na que pon a bailar á identidade, pero “non son eu, é un alter ego, Amanda ten un alias que é ‘a sonámbula’ porque está nas nubes”. Non pode obviar a actualidade e remexe todo nunha ensalada, que o xurado calificou de “brillante” e cunha extraordinaria orixinalidade”. Segundo os expertos, a obra “recorda o estilo cortazariano”. Foi escollida entre as 23 finalistas das 396 presentadas. Co trofeo na man, Dolores ten motivación absoluta para seguir escribindo. Tiña curiosidade sobre como recibirían a novela, pero levar o Torrente Ballester “foi unha grata sorpresa”.

Dolores Torrano recibe o Torrente Ballester coa súa primeira novela

Te puede interesar