O comercio galego de proximidade reinvéntase coas novas tecnoloxías

O comercio galego de proximidade reinvéntase coas novas tecnoloxías
04 junio 2012 / 29 junio 2012 página 17 A Coruña.- Las nuevas aperturas de negocios que se anuncian para las próximas semanas en el entorno de las calles Real y San Andrés han conseguido devolver algo de vida al centro de la ci

O esforzo dos comerciantes galegos por reinventarse nace da súa aposta pola aplicación das novas tecnoloxías, o que permite o impulso do smart commerce, un dos retos polos que aposta Galicia para que o novo modelo de comercio intelixente sitúe ao cliente no centro da súa estratexia, dándolle así un trato máis personalizado.
Os desafíos dunha sociedade cambiante levan ao comercio da comunidade a buscar novas ideas e servizos cos que garantir ás necesidades dos clientes. Por este motivo, a aposta pola venda a través de internet, que complementa a experiencia de compra nos diferentes canais, é unha ferramenta estratéxica para un sector que suma máis do 11 por cento do PIB galego e o 17 por cento do emprego de Galicia.

Vantaxes
O desenvolvemento das novas tecnoloxías no comercio ten aparelladas vantaxes importantes, pois permítelle adaptarse aos novos tempos, aos paradigmas de competitividade, aos hábitos de consumo e ás demandas dos consumidores. 
Precisamente, a Xunta traballa de maneira conxunta co comercio galego a través do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia 2015-2020, que destina 70 millóns de euros ata 2020 a modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego, ademais de triplicar a porcentaxe de empresas de menos de 10 traballadores que venden na internet, alcanzando o 14 por cento. Tamén se busca incrementar nun 15 por cento os emprendedores que traballan no sector, ata chegar aos 60.800 en 2020; e aumentar nun 10 por cento o número de comercios que se asocian para competir, chegando ata os 20.000.
Dentro deste plan, un dos grandes retos é establecer o smart commerce, ao que destina o 40 por cento do seu orzamento. A innovación do sector é un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando o comercio electrónico e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación. 

Investimento
Neste eido, a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano 3,1 millóns de euros a promover a modernización comercial, o comercio electrónico e o smart commerce, mediante un programa para o cal estivo aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o pasado mes de febreiro.
Os comerciantes que resulten beneficiados terán a posibilidade de obter apoios de ata 17.500 euros para a modernización dos establecementos, a posta en marcha de novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline ou que empreguen as redes sociais para a venta, para a creación de páxinas webs comerciais, para ferramentas que melloren a xestión e o deseño dos seus produtos e o desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe.
Tamén se poden beneficiar deste mesmo proxecto os obradoiros artesáns, con axudas de ata 11.500 euros; as federacións de comerciantes, con ata 3.000 euros para o desenvolvemento de sistemas de m-commerce (comercio a través do móbil), aplicacións e webs móbiles; e as asociacións profesionais de artesáns, que poden optar a axudas que superan os 39.000 euros para accións de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Beneficiarios
En 2015, preto de 1.000 comerciantes e artesáns galegos beneficiáronse das axudas por máis de tres millóns de euros que se concederon dentro do programa para impulsar o smart commerce e o comercio en liña, no cal obtiveron tamén apoios cinco federacións e asociacións do sector comercial e artesán.
A través destas axudas, puideron levarse a cabo 450 proxectos de novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que combinan o comercio online e o offline; que implican a utilización das redes sociais para a venda ou que avanzan no desenvolvemento do m-commerce (comercio a través do móbil). 
Ademais, desenvolvéronse preto de catrocentas iniciativas centradas na implantación de ferramentas que melloran a xestión do negocio e o deseño dos seus produtos ou no desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetado. 
Por outra banda, promovéronse máis de 1.000 proxectos centrados no acondicionamento de locais comerciais e na mellora da imaxe exterior e a adquisición de moblaxe e equipamento

O comercio galego de proximidade reinvéntase coas novas tecnoloxías

Te puede interesar