Pleno para o Salgado Perillo

Pleno para o Salgado Perillo
A Santa Leocadia favoreceuse da rotura dun remo do seu principal rival, Mecos martín gonzález

 

O Clube de Regatas Salgado Perillo consegue a vitoria na XXVIII Bandeira Concello de O Grove, nunha regata dominada dende o inicio por Mecos Mondariz, que remaba diante da súa afección.

A rotura dun remo da traiñeira grovense, na última ciaboga, acabou coas aspiracións da tripulación local de facerse coa bandeira e ampliar a súa distancia co segundo clasificado na xeral da Liga B.

O primeiro equipo en marcar tempo de cara á clasificación final foi a tripulación de Morrazo, que partía dende a primeira quenda. Morrazo parou o crono en 21 minutos e 12 segundos, deixando a Coruxo, segundo clasificado da primeira quenda, a máis de 50 segundos.

Na segunda quenda partían os grandes favoritos para facerse coa Bandeira Concello de O Grove, Salgado Perillo, Mecos Mondariz, Puebla, Robaleira e Esteirana. Estas cinco tripulacións partían coa vantaxe de saber os parciais de Morrazo e contar en todo momento con referencias con respecto á primeira quenda.

Mecos Mondariz tomou a dianteira xa dende os primeiros metros de regata, tras unha gran saída da tripulación grovense. Na primeira ciaboga a diferenza de Mecos Mondariz e Robaleira con Salgado Perillo era xa de 6 segundos. Estes tempos xa eran moi inferiores ós realizados por Morrazo, polo que a vitoria da regata sairía do gañador desta quenda.

Na segunda ciaboga Salgado Perillo superou a Robaleira pero a diferenza con Mecos Mondariz mantívose en catro segundos, mentres que na terceira ciaboga a tripulación aumentou a seis segundos a distancia entre ambas. A rotura dun remo na traiñeira grovense, nesta terceira ciaboga, provocou gran nerviosismo na tripulación que viu como Salgado Perillo e Robaleira lle tomaban a dianteira e quedaban sen opcións de vitoria.

Salgado Perillo mantivo a súa distancia con Robaleira e impúxose nesta XXVIII Bandeira Concello de O Grove con seis segundos de vantaxe sobre a tripulación de A Guarda e sete sobre Mecos-Mondariz.

A xeral segue comandada, unha xornada máis, por Mecos Mondariz con 30 puntos. Salgado Perillo, tralo doblete conseguido este fin de semana, ascende á segunda praza con 27 puntos. n

Pleno para o Salgado Perillo

Te puede interesar