Publícase a primeira edición en galego do álbum “Trazo de xiz”

Publícase a primeira edición en galego do álbum “Trazo de xiz”
18 marzo 2011 página 17 a coruña.- dibujante de "men in black" o "de profundis" y alma máter del salón del cómic, miguelanxo prado se coló ayer entre cuatro paredes donde se respira arte, las de la

Quizais sexa a obra máis recoñecida da súa traxectoria. A que máis interese espertou aquí e acolá porque “Trazo de tiza” foi distinguida co Premio Alph Art en Angoulême 1994 para saír o mesmo ano sendo a mellor do salón do cómic barcelonés.

Case vinte anos despois, a historia da pequena illa perdida en medio do Atlántico edítase no seu idioma orixinal. Cando Miguelanxo Prado colleu o lápiz e discorreu o conto do viaxeiro e a moza con sombreiro. Porque o ilustrador pensou para os personaxes diálogos en galego, é o primeiro en sorprenderse de que teña que pasar tanto tempo para que eles suspiren como el suspiraría no seu lugar.

A librería Cascanueces acolle hoxe ás 20.00 horas a presentación de “Trazo de xiz” a cargo do seu autor. A primeira edición no idioma é obra de El Patito Editorial para deleite dos coleccionistas que terán que sumar a versión galega do que está considerado como tebeo referente da década dos noventa.

Sen dúbida, a primeira historia longa do debuxante ten a etiqueta de imprescindible na estantería de todo amante da banda deseñada. A lista de premios que lle poñen apelido a “Trazo de xiz” confirman a súa excelencia. É que hai que lembrar que a peza que rezuma mar estivo nomeada para os dous galardóns máis importantes de Estados Unidos, os Premios Eisner (na categoría de Mellor Pintor) e nos Premios Harvey (no apartado de Mellor Obra Extranxeira). Neste aspecto, Prado destaca o labor que está facendo El Patito Editorial de traducir o que realmente naceu no idioma de Rosalía. E que foi pasado por el mesmo ao castelán: “Moi poucos estaban en galego”. Dicía o autor que resulta paradóxico que moitas historietas con raíz en Galicia poidan ser lidas en turco e koreano e non “na miña propia lingua”.

Trátase dunha nova oportunidade para coñecer a historia dun viaxeiro que recala nun anaco de terra rodeado de mar onde se atopa cunha taberna rexentada por unha muller e o seu fillo e unha rapaza máis desorientada ca el.

 

Publícase a primeira edición en galego do álbum “Trazo de xiz”

Te puede interesar