Xoán Eiriz presenta “Trinta anos e unha cantiga de amor” no Fórum

Xoán Eiriz presenta “Trinta anos e unha cantiga de amor” no Fórum
o cantante leva tres décadas facendo música susy suárez

  Xoán Eiriz tira de textos poéticos e de cantigas populares pero tamén de temas universais. Por iso, “My way”, de Frank Sinatra, soa ao lado de “Lela”, de Castelao. Sempre en galego, porque o seu traballo vai enfocado nunha mesma liña, a de dignificar o idioma e facer entender á xente a través da voz que o galego vale máis que para facer máxicas as composicións poéticas.

O artista estrea mañá, ás oito e media da tarde, no Fórum Metropolitano o seu novo disco, “Trinta anos e unha cantiga de amor”, no que Eiriz conta as súas tres décadas na música con cancións. En concreto, elixe 18 que resumen o seu carácter ecléctico e falan de aquí e de acolá.

Son clásicos como “Unha noite na eira do trigo”, de Curros Enríquez ou “Alfonsina y el mar” para rematar o conto con aquela que di en francés “Non me deixes non” e cantaba un tal Jacques Brel. Para Eiriz esta é a cantiga de amor máis bonita de todos os tempos aínda que, en realidade, sexa de desamor porque está pedindo que non o abandonen.

O álbum que xa está no mercado é o undécimo da súa carreira pero o primero en directo. Saiu do concerto que o cantante ofrecía no Rosalía en decembro de 2011 e que tiña ademais o aditivo de solidario porque os cartos da taquilla foron a parar aos proxectos que desenvolve o colectivo Terra de Homes, e que van dirixidos a suplir as carencias en atencións médicas que existe en África. O seu repertorio traduciuse daquela en bisturí, cama de hospital, vendas e unha casa, á que ofrecen españois de todo estado para que os internos descansen antes de voltar. Nun fogar adoptivo.

Explica Eiriz que a decisión de editar aquela noite xurdiu despois. No momento en que os focos do Rosalía se apagaron e Eiriz tivo unha sensación de satisfacción inmensa. Propia de cando todo funciona á perfección como se o concerto estivera programado como unha máquina de reloxería. Dada en parte pola actuación conxunta con Rosa Cedrón interpretando “Negro caravel”. Mañá tamén a cantará no Fórum, aínda que nesta ocasión non estará Rosa con el.

Estarán Manuel Alejandro, Celso Emilio Ferreiro e Curros en calidade de familiares porque son xa tantos anos adicados á música que Xoán non pode entender a súa vida sen os que lle deron motivos para cantar. Nun auditorio que repasará a traxectoria do que comezou en 1978 disparando “Sentimentos”, –así é como se chamou o seu primeiro traballo–, e que foi incrementando con “Na miña fala”, “Lelias” ou “Voute matar”. Eiriz explicaba que xa neses primeiros pasos amosaba o seu amor pola fala de Cunqueiro. Nesa procura de extender os límites do idioma saíron temas internacionais pasados por unha licuadora chamada Xoán. Para poñerlos en bandexa a quenes piden música na lingua do país. Desde o local até o universal.

Xoán Eiriz presenta “Trinta anos e unha cantiga de amor” no Fórum

Te puede interesar