“O da Coruña ‘españolista’ é un mito da época de Francisco Vázquez”

|

El Ideal Gallego-2011-05-11-013-da963c0e

  entrevista de m. pérez

xosé luis méndez ferrín - presidente da rag

Recentemente, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite o recurso da Academia contra o decreto que regula os usos do galego na educación. O presidente da institución considera que a norma ten defectos de forma suficientes como para que a lei prohiba que finalmente sexa aprobada.
—O recurso imposto contra o decreto vai cara adiante.
—Confiamos en que prospere. Pero é que esta norma comete graves quebrantamentos. Ten defectos formáis severos e por aí pensamos que non se pode admitir. A nosa demanda non ten anada que ver co que se calificou por parte dalgún partido como “recurso de pataleo”.
—Perxudica ao idioma.
—Perxudica. Se agrede á lingua de xeito directo pero iso é obvio para calquera que a observe un pouco.
—E cal pensa que pode ser a intención do Goberno autonómico ao propoñer esta medida?
—Non entendo o que pretenden. Por unha banda, pódese interpretar que queren arrastrar as vontades dos inimigos do galego. Pero por outro lado eu ben sei que dentro do Partido Popular hai moita xente que é galeguista. Moitos defensores da lingua. Probablemente habería que preguntarlle á xente do PP de Madrid para saber o que pretenden.
—Realmente peligra o futuro do galego se non se lle protexe desde as institucións?
—A ver, é que Galicia é un caso curioso. Hai moitos casos de autoxenocidio no país. Existe xente que ten a intención de matar a súa propia cuestión nacional. Non sei cal vai ser o futuro, nen a seguinte solución, ahí está a dúbida. A lingua é en realidade moito maís do que a xente pensa. É una fiestra aberta desde a cal se conta.
—Disca nesta cidade non se protexe especialmente esa fiestra.
—O da Coruña españolista non existe. É un mito que se fraguou na época de Francisco Vázquez. Aos que pensan que nesta cidade non se fala galego recomendaríalles que collesen un taxi e probasen a empregalo. Ou que se achegasen a calqueira taberna de Monte Alto ou á zona de San Amaro. Ou a outros barrios.
—Entón, onde está o problema?
—Eu non percibo que haxa odio ao galego cando chego aquí, a verdade. Pero si é certo que o que persigue o PP é que se volva ao que sucedía antes en determinados ámbitos.
—A que se refire?
—Se se quita o galego das oposicións, por exemplo, está a restarse a súa lexitimidade, a privarnos de unha utilidade ovicial. E xa estamos bastante educados no autoodio. Para eses que pensan que é un idioma que sirve só “para hablar con las vacas” existe unha palabra moi coruñesa, “marulos”. Son uns “marulos”.
—Pero por que segue a existir esa fobia?
—O que temos que ter en conta é que Galicia é un país colonizado, de un ou outro xeito e é moi complicado que se mire por determinadas cuestións.
—Non é boa logo a situación?
—Non sei o que pensarás ti, pero eu penso que este é o primeiro momento histórico en que ocurre que toda a xuventude sexa capaz de escribir e falar en galego. Non se lembra outra etapa igual. O momento é bo pero sempre podería ser mellor.
—Deberá traballar vostede para mellorar  esa condición.
—Eu son un continuador do traballo dos dous presidentes anteriores da RAG. Trataréi de seguir o que comezaron Barreiro Rivas e Francisco Fernández del Riego.


 

“O da Coruña ‘españolista’ é un mito da época de Francisco Vázquez”