A casa de Rosalía non se reformará ata que se volte á normalidade económica

A casa de Rosalía non se reformará ata que se volte á normalidade económica
caixa galicia e a rag asinaban en 2007 unha cesión do inmoble de 25 anos patricia g. fraga

Predecían en 2007 que estaría lista para 2008, xusto cando se cumprisen 150 anos do matrimonio Murguía. Distintos trámites administrativos fixeron que a casa de Rosalía, cedida por Caixa Galicia hai doce anos á Real Academia Galega, alargara a súa espera e un expresidente coma Xosé Ramón Barreiro sinalaba en 2008 que non sería ata 2010 cando o número 3 da rúa Príncipe, en pleno casco vello, volvese a abrir as súas portas á cultura.

O que non contaban daquela era que o gordo da crise estaba aínda por chegar. Dous anos máis tarde, o proxecto continúa sen pasar da condición de “proxecto” a pesar de que o organismo galego leva metidos no inmoble 50.000 euros en calidade de planos e estudios arqueolóxicos. A situación fai que a sede da rúa Tabernas non contará con este apéndice ata que a situación recobre a normalidade.

A RAG leva investido 50.000 euros nun proxecto adxudicado a Andrés Albalat

O secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, explicaba onte que a obra xa está adxudicada ao estudo de Andrés Albalat e que a maior parte do investimento corresponde á solicitude dos permisos necesarios. Lembra o académico que se ben no momento da cesión, o bipartito da Xunta –con Ánxela Bugallo como titular de Cultura– comprometíase a inxectar unha axuda anual para a restauración da antiga vivenda dos Murguía, o momento actual fai imposible esta forma de financiamento que posibitaría á Real Academia Galega poder tramitar un crédito co banco. Ningunha das dúas partes, Xunta nin banco, poden afrontar unha operación así na actualidade e a realidade da institución pasa por axustarse a un orzamento anual e seguir traballando pola lingua na sombra e a través de congresos e publicacións, que penden dun fío e do compromiso do Goberno autonómico.

Non hai data polo tanto para que a casa de Rosalía sexa unha parada museolóxica máis na cidade. Axeitos recorda que a cesión foi asinada por 25 anos pero asegura que “malo será que nese tempo non a teñamos arranxada”. Cinco anos xa se foron entre papeleo e a paralización total do proxecto pola falta de cartos pero “non vamos a estar metidos na crise toda a vida”, di o secretario.

O futuro do bloque dos Murguía estará en branco ata que recuperen o nivel de colaboración anterior. Neste aspecto, Axeitos falaba da actitude da Xunta como exquisita. Máis alá de ideoloxías, o Goberno autonómico sempre tivo un trato deferente co organismo, de máxima colaboración e coordialidade: “Se non hai cartos, non hai cartos para ninguén” e “nós teremos que cumprir o que nos corresponde coa crise”. O catedrático de Lingua sinalaba que son moitas as seccións que teñen que funcionar tales como a gramática, a lexicografía ou a onomástica, que permiten alimentar o diccionario de termos e revisar constantemente a toponimia do país.

A casa de Rosalía non se reformará ata que se volte á normalidade económica

Te puede interesar