O Concello abre o prazo de inscrición para a próxima edición

O Concello 
abre o prazo de inscrición para a próxima edición
Novo Mesoiro dará o pistoletazo de saída patricia g. fraga



A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe o edil José Manuel Sande, vén de abrir o prazo de inscrición para participar na V edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. A serie de sete probas, que comezará o 6 de novembro, percorrerá varios barrios da cidade, e manterá os prezos de inscrición e bonificacións para distintos colectivos da quinta edición.
Sande destaca a aposta do Goberno local por unha cita que promove a actividade deportiva “de carácter popular, desde unha perspectiva saudable e adaptada a todos os públicos. Este Circuíto promove o divertimento e integración, así como a exploración de diversos espazos e zonas na cidade, a través do deporte”, expón o edil, que salienta a “consolidación” da carreira de Matogrande, a proba posta en marcha polo executivo coruñés en xaneiro de 2016 e que nesta tempada celebrará a súa segunda edición.
A primeira carreira terá lugar o 6 de novembro en Novo Mesoiro, e a serie continuará o 4 de decembro nos Rosales. A primeira proba de 2017 terá lugar o 15 de xaneiro en Matogrande, e xa en abril, o día 1, terá lugar a nocturna da Torre de Hércules. O circuíto volverá no mes de xuño, co Cross San Pedro de Visma o día 25 e, tras o parón estival, Coruña Corre pechará a quinta edición coas probas de Oza, o 10 de setembro, e do Ventorillo, que terá lugar o 24 de setembro.
A inscrición tanto para participar no Corruña Corre como na proba de Novo Mesoiro pode facerse desde hoxe –e ata o 2 de novembro no caso da primeira carreira– en www.coruna.gal/carreiraspopulares. Como o ano pasado, o prazo para solicitar a participación no Coruña Corre completo poderá facerse ata a data de peche de inscricións da segunda proba.
O Concello manén os prezos do ano pasado: 10 euros para xente de máis de 18 anos, gratuíto para menores de idade e 7 para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove. Este colectivo tamén obterá descontos na cuota para cada unha das distintas carreiras, que será 1 euro, mentres que o prezo para as e os demais corredores que non estén inscritos no circuíto será 2 (agás os menores de idade).
Para participar é necesario inscribirse en cada unha das probas. O que non é necesario para correr o Circuíto, pero si para puntuar e figurar nas clasificacións, é o chip. Os que non dispoñan do mesmo poderán adquirilo por 12 euros ao inicio da serie e, ao devolvelo ao remate da mesma, recibirán 6 euros. Este ano, como novidade, poderá adquiridse un chip de uso exclusivo para cada unha das probas por un prezo de 2 euros, 1 para o colectivo con bonificación.

O Concello abre o prazo de inscrición para a próxima edición

Te puede interesar