sábado 24/10/20

“Reforma? Xustiza?”

omos outra vez vítimas da política de asesores 2.0, que se inspiran nas series americanas de politiqueo. Quero pensar que isto é así, porque a opción de planear esta reforma da elección do Consello do Poder Xudicial en serio é cando menos preocupante, cando non un atentado á democracia.  
Esta triste maroma política, de tentar premer cunha ameaza, para que o contrario mova ficha é unha xogada arriscada si de por medio perdes a credibilidade política a nivel europeo e ademais  o contrario non gaña nada por entrar ao xogo, o farol saíu de todo mal, porque non tiña sentido. Algún rotativo europeo viña a titular “pouco nivel político dos lideres en España” moi acertado titular dende a miña opinión.
Porén este titular non é solo aplicado a unha banda do arco parlamentar, é xenérico e amplo, os debates no Congreso son cada vez máis malos e mais infantís sen afondar na política e buscando o xesto e a galería, agás os portavoces das formacións con máis tradición democrática coma o PNV ou ERC, gusten ou non gusten os seus argumentos,  están a anos luz do resto. O nivel esperado é moi baixo como ben marca o rotativo francés.
Tanta culpa do esperpento feito, teñen o PSOE e UP coma o PP, que por interese propio do seu longo camiño xudicial, condenas incluídas, non lle convén cambiar un órgano democrático caduco dende 2018 en clara rebeldía coa Constitución Española que tanto defenden, parece cada vez máis claro que a lectura e respecto á CE vai por barrios ou é moi selectiva.
Mais abrir esta espita de reforma pode ser, ou debe ser unha oportunidade de dar un paso na construción dun Estado máis moderno e democrático, con estándares europeos. Porque non se propón unha reforma da elección que camiñe a unha menor politización da xustiza? Digo menor, porque pensar nunha xustiza sen peso político tampouco sería real. 
Existen modelos dos que podemos coller o mellor, desde a elección entre os xuíces á elección directa pola cidadanía, calquera opción é mellor que a actual e tamén é mellor que a de que sexa un parlamento por maioría simple sexa da cor que sexa. 
Os xogos das maiorías é perigoso se non se teñen, e hoxe o PSOE e UP non son quen de facer esta reforma eles soíños.

Comentarios