Dos discursos do medo

Non sei en que porcentaxe debéramos de sentirnos ameazadxs pola aparición de discursos radicais, que recuperan principios da antipolítica e que perseguen valores e terminoloxías de tempos oxidados e grises. Non sei canto hai de bravuconada e canto de farol no envite dos discursos agresivos que escoitamos. Sabemos que os cambios producen sensacións disruptivas que, cando menos, conteñen trazas de modificacións bruscas, e sempre supoñen un cambio de marco que afecta ao universo físico, psíquico e emocional que compartimos. Hai medos diversos. Algúns que teñen que ver coa modificación da regreta da valoración moral e ética do que, ata o de agora, consideramos e sentimos coma xusto, proporcional ou inxusto.

Outros, con medos relacionados con perder, tan doadamente, aqueles espazos do estado do benestar  polo que tanto loitaron e loitamos. Sentimos unha incredulidade temerosa ao escoitar que queren suprimir o Título VIII da Constitución referido ás Autonomías. Ou cando falan de derrogar leis imprescindibles como a lei contra a violencia de xénero. Tamén os medos á perda dos dereitos que tanto costaron conseguir, que fixeron de España un país máis digno e máis decente.  Ou cando tan alegremente fan un relato idealizado de cambiar o modelo vixente de pensións públicas, porque non cadra co seu concepto de liberdade de mercado. Sorprende tamén esa mestura de odio e desconfianza que lle teñen a termos con alma e con fondura, como nación ou nacionalidade ou cooficialidade, e os declaren perseguidos, excluídos ou sinalados cos carteis de Wanted, dead or alive. O que eles non saben é que nós tamén o sabemos, e que non desaproveitaremos a oportunidade de obrar en consecuencia.

Escoitarte ten recendos de nébeda, érbedos e cunchas irisadas –dixo El– e alertas, colapsos e desordes. Escoitarte acende fiestras e habita calendarios... Vivirte é unha bandada serena de sentidos...

Dos discursos do medo

Te puede interesar