Do que non é decente

ematou a campaña. Demasiados meses en permanente loita, e cunha indecente posta en escena que outorgaba os papeis principais á mentira, ó insulto, á manipulación e ó engano. Pero a moitos saíulles o tiro pola culata. A sociedade demostrou madureza e tamén que sabe ben quen é quen e que nos estamos xogando. Pero foi duro. 
Permítanme que parafrasee aquelo de “e aínda dirán que o peixe o caro”. Esta segunda volta da liga, ou acaso este tempo de revancha, vai dar moito que falar. Algúns que dixeron digo, dirán Diego. E os que pensaron que xa eles eran o alfa e máis o omega, en detrimento doutros, vendendo a pel do oso antes de cazalo, non lles quedará máis remedio que recoller o aparello e agardar tempos mellores. 
Non é decente editar manuais para denunciar, tensionar e ocupar portadas de prensa a costa do que sexa. Non é decente sacar partido de calquera cousa, sexa ou non real. A política ou é a arte do real ou non é nada. Non é decente dinamitar as pontes que teñen que permitir o diálogo e os acordos en beneficio de todxs.  Nin tampouco dar carnéts de patriotas ou traidores. A campaña das Europeas naufragou nunha marea de voces territoriais. 
Europa queda relegada a un terceiro posto nestas multieleccións, onde as municipais primeiro e as  autonómicas despois, ocupan o interese cidadán e mediático. May abandona o barco inglés e o Brexit deambula por Europa coma un polo sen cabeza. Acaso aínda así, neste diálogo de xordos, todo teña sentido.
Pensarte ten a cadencia dos trens da miña infancia –dixo El– o ruído coñecido, o aroma  definido e  as emocións intensas das paisaxes efémeras ...Sentirte ten a luz que salva dos invernos...

Do que non é decente

Te puede interesar