Das horas perdidas

historia das oito horas perdidas, desa ocultación anunciada na que Mariano Rajoy deixou de asistir a unha sesión do Congreso, daría para unha nova trama de Expediente X. Co agravante de que non faltou a unha sesión calquera, senón a aquela na que se lle estaba reprobando a través da figura parlamentaria da Moción de Censura. 
Nunca unha ausencia estivo tan presente. E non polo bolso de Soraya, que como nas bodas reservaba un espazo, senón pola intención manifesta de evidenciar a ausencia. Rajoy xa deixou a Presidencia nese momento. E nunca o talante, o perfil de parlamentario experimentado, ou de político serio, caeron con máis estrondo como consecuencia desa errada decisión de non aguantar a pé firme, o que lle ía no soldo coma Presidente. 
Escoitar é unha arte milenaria que require paciencia, empatía e disposición a entender o que nos contan. E non facelo, sendo o Presidente, e ante os representantes lexítimos de millóns de cidadáns, é  unha desconsideración. Incluso unha postura de soberbia revenida que desacredita a quen a practica. Non é de recibo marcharse á francesa. 
Hai moitas maneiras de despedirse en sintonía coa dignidade do cargo que se ocupa, pero a opción da que Rajoy  botou man, era a peor posible. Non só o PP quedou afundido nesta batalla naval, tamén Rivera quedou moi tocado. A súa falta de definición e a aplicación do vivo sen vivir en min, xunto co coñecido ou son eu ou non é ninguén, acabou por apealo do olimpo de papel no que vivía feliz coma unha perdiz. Empezan tempos complexos de xestionar. Pero rematan outros de intolerables podremias. 
Perdoa que sexa tan torpe- díxolle El- e enmudeza ante esa maxia que habita nos teus pasos. Sentirte é a relixión máis certa que profeso e contigo farei sempre, propósito da enmenda.
 

Das horas perdidas

Te puede interesar